O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 27, 2012

BUEU PREPARASE PARA ACOLLER Á TRIBO CACHIZA NO ARRINQUE DA COMPETICIÓN NA CONF. SUR!!


Na Conferencia Sur afían xa as pinchas e cahizas para iste sábado 29 en Bueu arrincar a competición regular e para que naide se despiste os seus video-palanadores lanzan iste novo xostregazo en forma de incendiario estalo no que os paláns subían como as balas na procura dun obxectivo quente- A cita será ás 16:30 h  no campo Multiusos da Estacada e se chove está o Pavillón do Beluso disposto a acoller baixo o seu teito a toda a serpe multicor da Cachiza.. Contacto directo>> 658.491908


















Unha fronte audiovisual da LNB totalmente activa niste tempos de conmoción e ruptura social que iste pasado sábado en Burela artellou o que será un auténtico fito histórico coa primeira cooproduccion galego-caboverdiá na que unha billarda impulsada pola debutante palanadora burelesa Antía chegará dende a pista do Ceip Vista Alegre ás ardentes terras do continente africano, todo elo contado e narrado de xeito maxistral por Senin, o activista Laranxa do Buril que enganchou polo pescozo ó cantate de Ex_tension Agraria para tentar de impulsar a irrupcion dista gran banda galego-arxina-billardeira nun tour polo gran continente mouro...Cabo Verde Sempre, Adiante co Varal!!