O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 24, 2012

BILLIE JOE - DEIXÁDEME UN PALÁN QUE OS MATO!!



Un minuto , pensa na pila de cousas que podes facer nun minuto....bikotear o unicio dun partido de futbol cortando os cables da luz , ocupar o congreso ou o parlamentinho para escupirlle ou pegarlles un par de ostias "ás súas" señorías , ou incluso facer ise Varado que che troque a vida e te convirta en campion ou campioa dise Aberto soñado que che abra as portas do olimpo billardeiro ...algo asi tivo que pensar o cantante de Green Day cando lle cominicaron polo moitor de pantalla que só lles restaba un minuto para rematar a actuación nun festival para dar acollida ós artistas de R&B ...nun intre no que os irmáns do Castañazo Rock de Chantada fixeron público xa o cartaz do festival cos Diplomáticos , Rastreros , Papaqueixos e Cuchufellos como grandes reclamos ó carón do sempre explosivo Aberto de Billarda coma punta de lanza dos brutais xogos Bravús igual é tempo que os organizadores pensen na recuperación do mítico concurso de xuramentos, Banda Sonora para o cal Green Day e Ex_Tension Agraria + gadanheiros da LNB serían os grupos perfectos.


















Banda Sonora da LNB que os palanadores e palanadoras co inicio da tempara regular fan resoar en tódolos frontes coa interacción nos medios de ambito local , nacional , dixital ou internacional , nunha man o palán e noutra a lanzadeira para enviar crónicos, fotos ou videos dende as pistas de xogo ás redes sociais e ós medios ós que teñas acceso . Dioivo , Crónica 3 , Novas da Galiza...continúan coa intensa interacción billardeira é por ise desexo da libre expresión polo que moitos palanadores e palanadoras denunciaron fai unhas semanas a eliminación de Carne Cruda o  xa mítico programa que se emitía pola frecuencia de Radio3 que iste vindeiro venres vai voltar ás ondas pero na rede de radio alternativas entre a que se atopa os irmáns da CuacFM , emisora aldraxada pola Xunta na concesión de licencias polo que a Conf.Noroeste na seu incio en Culleredo xa ten preparado o lanzamento dunhas billlardas solidarias coa CuacFM berce nos seus estudos da Zapateira da brutal irrupción billardeira na Coruña e no país enteiro...CuacFM Sempre, Adiante co Varal!!