O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 25, 2012

ABERTO DE CUNTIS...ACTIVISTAS LNB NO ALBARIÑOS AFERRADOS Ó PALÁN COMA SE AGARRA UN CRAVO ARDENTE!!
















Cuntis como o resto dos campos da LNB ista fin de semana foi un auténtico tsunami de intensidades compartidas , e para mostra o espectacular crónico do Aberto verquido no referencial web-blog do Fervedoiro no que se achegas as orellas á pantalla podes incluso sentir o furioso bruar das billardas sobrevoando o campo dos Albariños que grazas á maxistral acción de acondicionamento do Fervedoiro voltou a lucir explendoroso rachando así co lamentábel estado de conservación ó que o somete durante todo o ano o concello de Cuntis. Multitudinaria xornada de irmandade que arrincou pola mañá e continuou cun espectacular xantar de confraternidade para rematar cunha nova edición do xa referencial Aberto de Cuntis que sobrepasou o medio cento de inscritos e deixou coma o Fervedoiro deixa sempre en cada unha das súas accións que emprende...Semente de Victoria!!