O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 04, 2012

A EXQUISITA FAST-FOOD GALEGA INVADÍU A LNB CO EXPLOSIVO I ABERTO DA GALIPIZZA!!



















A Mafia da Pizzas de Nova Iorque xa puxo o berro no ceo despois de que iste luns entre o lusco e fusco á beira da Ría de Ribadeu os palanadores e palanadoras da LNB déran un novo paso ó fronte na imparábel actualización do concepto do desporto nacional , o apoio incondicional ós xantares da cociña tradicional convertidos en trofeos non é impedimento senón brutal impuso para que por fin as explosivas creacións galegas entorno á Fast Food entren pola porta grande da LNB ...GALIppiZA Sempre!! 



















E foi no contexto das Festas de Ribadeu donde se celebrou iste I Aberto da Galipizza despois do exitazo da acción perpetrada o ano pasado durante intervención billardeira na mostra de xogos dos irmáns do Cadaval.


















Grandes estrelas da Conf. NorLeste participaron e se achegaron a ver o desenrolo do xogo e a degustar unha exquisita mostra de Galipizzas a pé de pista dispensada pola Pizzburg. Mais a gran sensación foi a presenza de xovencísimos e xa experimentados palanadores e palandoras formados nas aulas de Semente Billardeira impartidas no colexio da vila.





















E por suposto non puido haber mellor Mestre de Cerimonias para iste referencial Aberto que o Italo-Galego Franco que degustou a Galipizza dándolle unha anotación altísima a todas as composición mais inclinándolse pola de Grelos .


















Jairo e Cristian as dúas auténtica estrelas da Massia Billardeiro Ribadense entre carreira e carreira porción de Galippizza coa que repor enerxías para facer Varados e por en xaque ás estrelas da LNB .

















Aquí podemos ver a actitude de Cristian antes de desputar a final absoluta do I Aberto da Galipizza , unha final donde palanadoras , criaças e palanadores conviciron e loitaron en igualdade , mais algo puido desestabilizar a balanza, foi a presenxa de ERIC , un referente absoluto e megaestrela billardeira para todos os nenos e nenas da LNB que o ven coma ise espello no que ollarse e ó que tentar algun día parecerse, pois a presenza de Eric e as indicación que lle deu a ambolos junior da final foi o desencadeante se dúbida do resultado final...


















Naturalmente foi  Franco , o aplanador Italo-galego quen entregou os vales  a Cristian , o xovencísimo palanador Ribadense ,  que inscribíu xa o seu nome con queixo de tetiña no olimpo dos deuses da LNB ó proclamarse campión niste referencial I Aberto da Galipizza que tivo a Coedo coma segundo clasificado e a Lola coma terceira , ámbolos tres teñen cadansúa Galipizza de maior a menor agardando na Pizzburg para ser inxerida e con ela saborear o dulce sabor da gloria gañada a pulso niste novo paso ó fronte dádo pola serpe multicor da LNB cuxo empurre axudou tamén a que gaiteiros e cocos volten ás rúas da vila istes días de festa...Galipizza sempre , adiante co Varal!!