O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 01, 2012

CONTA ATRÁS PARA O MÍTICO ABERTO DO FOUCIÑO DE OURO CON XANTAR DE CABALO NA CONF. CENTRO + TOXOS E WATIOS NO SALNÉS NO MARCO DO FESTIVAL NOALLA VIVA!!

















Arrinca Agosto o mes estival por excelencia no calendario capitalista mais coñecido coma xarabato no xa mítico Almanake da LNB que ten marcado de vermello chollida o día 11 data na que a tribo estornela vai desenterrar de novo os paláns de guerra para a desputa dunha edición máis do imprescindíbel Aberto do Fouciño de Ouro na Pista do Crucerio no Pino donde iste edición na que non se celebrará a xa clásica festa da malla nen o Pino Folk polo que a Conferencia Centro amplia o abano de actividades entorno ó fouciño cun explosivo concurso de Varados e Habilidades condimentada cun espectacular Xantar degustacion de carne de Potro galego no restaurante o Cruceiro , un menú para o que tamén haberá alternativas para quen desexe cabalgar por outros manxares. Info e Inscripción >> 654.232108 / acdfurabolos@hotmail.com 

ACTIVISMO BILLARDEIRO POLO "ABERTO DO LICOR DE TOXO" NO FESTIVAL NOALLA VIVA EN SANXENXO!!





















A coa moa preparada para afiar  fouciños , coitelos,  paláns e billardas ó erguermos a ollada xa podemos ver o espectacular cartaz do Festival Noalla Viva para principios de Setembro no que ZËNZAR estarán representando á República Billarda xunto a grupos amigos coma os Skarnivals que fai unhas semanas compartiron esceario cos Ex_Tension Agraria e coa tribo LNB no festival da Chaira. No pulmón da Conferencia Salnés e cos irmáns da Esmorga coma organizadores do festival a realización do Aberto dos Toxos no marco do Noalla Viva ten que ser unha realidade coa que demostrarlle ó turismo colonial a pegada da tribo indíxena de Sanxenxo. Contacto>> aesmorga.asociacionxuvenil@facebook.com