O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 03, 2012

ALTER-NATIVAS BILLARDEIRAS ... NEN OURO , NEN TOURADAS , NEN CASAMENTOS NEN POLA IGREXA NEN NO CONCELLO!!
















Un ano máis a chegada das festas da Peregrina a Pontevedra traen con elo a tortura á cidade do Lerez polo que os irmáns de Touradas fóra de Pontevedra sáen de novo á rúa para esixir o cese dista actividade crimimal e absurda non só na cidade senón en toda a Galiza , o colectivo pide ademáis a conversión da praza nun coliseo de uso social e cultural no que asentar ó tan desexado primeiro Billardódomo do país.


















Converte a túa billarda no corno liberador do Touro fronte á infamia dunha festa de sangue , tortura animal e pasodobles españois que curiosamente se celebra con absolutamenta connivencia cun governo municipal que se di galego e se envolve orgulloso nos capotes da mais reaccionaria e criminal festa española de tódolos tempos.
















E as billarda da LNB tamén se retorcen ó sentir o expolio que no eu-navia se está artellando por medio da irrupción das minas de ouro no seu espazo co que aniquilar o entorno e un xeito de vida univamente por intereses económicos dunha multinacinal e dos lacaios. Iste sábado pois quen o desexa ir e ceivar as súas billardas no Paseo pola paralización das minas de Ouro poderá facelo iste sábado a apartires das 11:00 horas no parque de Tapia que é de donde partirá unha camiñata polos Lagos de Silva co berro seco de.. Ouro NON e Parceleria Tampouco!!

















Unhas terras irmáns as da Fala que piden a urxente intervencion billardeira para armase de forza e razóns contundentes ante o expolio natural e cultural ó que están a ser sometidas polo que xa se pode confirmar a primeira gran acción billardeira de apoio á Fala que terá lugar nun explosivo Aberto de Billarda en Cancio - Negueira de Muñiz - no marco dunhas xornadas de consumo responsábel e defensa da lingua mae , atentos porque a cita será o próximo 18 de Agosto e donde estaremos tamén acompañados polos nosos irmans dos Folkgazais cos que brindaremos con Escumoso Bieiteiro e Galicola!!
















E como ben sabes, se buscas alter-nativas reais para un xeito de vida , de relación e incluso de casarte a LNB é o teu universo e o festival Lugnasad de Bretoña o teu único altar posíbel de acceso á bendición dos deuses celtas para a túa parella homosexual ou hetero. Iste venres en Bretoña espectacular cartel para unha nova edición do festival Lugnasad marco perfecto para que realices a túa tan desexada boda celta no medio dunha chuvia incesante de billardas e toxos....Rexeita a igrexa , o concello e o xulgados, cásate en Bretoña polo rito celta!!