OS GADANHEIROS DA LNB IRROMPEN EN ESCEA PARA ABRIR O CONCERTO DE Ex-TENSION AGRARIA NO FESTIVAL DA CHAIRA!!
IMPRESIONANTE E ALEBRESTRADA IMAXE DA BRUTAL IRRUPCIÓN DOS GADANHEIROS DA LNB NO ARRINQUE D MULTITUDINARIO CONCERTO DE Ex_Tension Agraria NO FESTIVAL DA CHAIRA . PON FIN UN GRUPO GALEGO QUE INCITA ÓS FOGARES A ARMARSE PARA DEFENDERSE DO EXPOLIO POLÍTICO , XUDICAL E BANCARIO Ó QUE TEMOS QUE FACER FRONTE....A POR ELES , PAGARANO COA SALÚ!!
E ten só unhas horas antes de que os GADANHEIROS tomaran o esceario da Chaira en Baltar nas estradas asturianas da cidade de Xixón , o Ciclista-LNB Rubén Sanchez demarraba a tan só uns metros da meta para imporse nun novo spring que o situou no máis alto do pódium nista carreira. Nun contexto tan deplorábel como é a entramado comercial e politicamente ultra-correcto que é o Tour ter representándonos nas rúas da península a un ciclista tan íntegro e honesto cama Rubén , ó que podemos considerar tamén coma o gran Gadanheiro da ruta, é un enorme luxazo. Noraboa Rubén por iste gran triufo e adiante con toda a forza e alento en cada pedalada da tribo LNB!!
Arrincaba o festival cunha espectacular sesion vermú e co intervencion do grupo e música e baile tradicional da Pastoriza donde un Gadanheiro da LNB xunto cos resto do grupo marcaban o ritmo que irremediabelmente os conduciría cara ó brilo da follas das gadañas xa entra a madrugada.
Posibelemente ista nova eidión do Aberto do xabarilo do festival da Chaira fora o máis intenso e máis multitudinario de todos cantos se levan celebrado convertindo pois a ista cita nun punto de encontro inexcusábel para os palanadores e palanadoras da zona en conflicto.
Mais ista edición a LNB quixo dar un paso máis e utilizando ós palanadores militantes na referencial equipa do Muralla Rugby Clube , realizouse un pequeno staff técnico de achegamento ó pase de balón....
que desembocou nunha brutal Pachanga na que membros de Ex_Tension Agraria participaron activamente xunto con palanadores e máis xente que estaba no concerto que tdesfrutou da súa primeiro practica diste desporto irmáns grazas á iniciativa da LNB e dos xogadores do Muralla integrado no universo billardeiro.
Mellor quencemento imposíbel, despois dunha placaxes e uns ensaios por fin Paulo , o palanador aborixe de Ponteceso e xogador do Muralla RC. collía nas súas mans a gadanha que horas máis tarde ía acender o rebelde agradi@ que tod@s levamos dentro,
Avanzaba a aberto con palanadoras aferradas na liña de enfronte tntando asaltar o mais alto do pódium que suporía coller o xabaril polo pescozo, foi iste un intre no que toda a pista apoiaba o golpe de Lola cando se pensou na posibilidade dun aberto da Basoira de Xestas en consonacia á liña marcada noutras conferencias...como Lola ben sabe , experimentos con gaseosa e a poder ser La Pitusa de Meira!!
Un Aberto cuxa intensidade cobraba a súa primeira víctima no tramo
final do torneo xa que cando Marcos se dispuña a desputarlle a Luis Bateas o pase ás roldas finais un palán ceivo lanzado por Borja de Madia Leva propioune na perna unha importante ferida que aínda que non foi a nada máis aló da dor do instante si nos fai intensifiacar o chamamanto á utilización de cordas de seguridade nos paláns.
Mais tampouco foi marcos o único danificado da intensa xornada pre-concerto de bilalrda e rugby xa que o propio baixista de Ex-tensión Agraria ., xogador do Muralla Rugby Clube sufríu durante o Super-7 imposíbel unha pequena escordadura de boneca polo que tivo que saír ó esceario infiltrado cunha vendaxe .... dende logo non imos ser os que o paguemos coa salú!!
Foron pois as Siareiras Galegas quen ante o cúmulo de lesions mentras celebraban a pé de pista a gran victoria da selecicon galega de futbol gaélico fronte á Bretaña no partido celebrado no festival da terra e da lingua de Narón , amimaban firme e intensamente.
Foi o gran palanador CHARLIE dos Spartak de Muimenta , quen venceu nunha desputada e intensa final do Aberto do Xabaril con Xose de Tropa Lixeira mentras que o terceiro premio que foi unha espectacular botella do tan preciado Champange galego Escumoso Bieiteiro foi para Luis de Bateas .
E nista instantaneo podemos ver a Dora , a palanadora de Nogueira de Muñiz productora do magnífico Escumos Bieiteiro, como comunica a varios membros da LNB as malas novas dunha colleita moi escasa para aforntal a gran campaña de Natal , é por elo que está explicando os segredos da eleboración para unha posíbel nova planta de produccion e embotellamento en Remourelle ...seguiremos informando!!
Precisamente produccion e embotellamento sábe son os fortes distes dous grandes palanadores sentados nun sofá a ceo descuberno no salon improvisado na merenda dos Tropa Lixiera do festivla da Chaira . rematado o Aberto o seleccionador nacional despois da micro-sesion de chistes no esceario foi ver e cambiar impresions cos seus pupilos ,a tención porque Richard o palanador e artista do TL está a coller moitos visos coma posíbel novo capitan da Auténtica .
Faltaba cada vez menso o reloxo de area verqía e cada vez había menos marxe para o erro , xantar de irmandade no backstage de Ex-Tension Agraria cos gadañeiros adoecendo por enfundaren os carapuchos , coller as gadañas e saír ó esceario segarlle a caluga do primeiro que se puxera por diante!!
Impresionate imaxe de Suso transmitindo calma ós Ex_Tension Agraria . o gran palanador dos Remourelle Bulls sabedor da importancia da actuación , faille unha fregas transquilizadoras a Alex , un dos guitarristas da banda galego-arxina de Bretonha que nise instante ó igual que o resto da banda debecía por entrar en combate.
Un combate contracultural no que xa están inmersos ista brutal parella creativo coñecida xa popularmente coma os Ri-PI , expuxeron no esceario de Ex_Tension seu explosivo " Homem que parte as pernas ao tentar materse porque a corda era demasiado longa" maisd na pista de xogo da LNb xa estám matinado novas acción conxuntas que van marcar época na arte de vangarda galega e europeia...NOM NOM NOM, PARCELARIA NOM!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home