O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, julho 07, 2012

OS COMANDOS CONTRA-CULTURAIS DA LNB ARREBÓLANSE PRESADAS DE MERDA ANTES FACER RINCHAR AS TÁBOAS!!
















Impresioante interconexion entre os comandos contra-cultarais da LNB que iste venres axitaron o murcho e obsoleto panorama das artes escénicas , visuais e videoartisticas e sonoras da Galiza A serpe multicor da LNB ensinou  iste ventes os dentes co seu perigoso cuspe velenoso..arrincaba a xornada cunha explosiva vidacción que moi pronto verá a luz do videartista e palanador dos Troitas Bravas Regueiro que conseguíu plasmar en toda a súa intensidade brutal o proceso de esquilado realizado por Atilano, esquilador de Nogueira de Muniz que dende unha longa travesía de esquimaneto dende as terras de Castela aterrou  nunha explotación da Pastoriza. E mentras , unha furgoneta conducida polo subcomandante Viana acariñaba Vilagracía dirección Compostela cun exercito de cascudas-bomba dispostas a estourar polos aires no esceario do C.S da Gentalha do Pichel na noite do incio da Xira Cascudas que moi pronto poderedes desfrutar noutros puntos do país. A furgona da Faisca Teatro e comando Ex_Tension Agraria tamén en ruta cara Bretonha arrebolábanse merda mutuamente para isa fantastica noite de venres que ía comezar..


















Xusto no corazón de Bretonha o irman Manolo Alegre, o capo da Orquestra Fantasía , abría o seu esceario móbil para acoller as gadañas e as gorxas ben afiadas de Ex_Tension Agraria , un esceario que se convertu nunha en espazo de interacción artística xa que alí se penduraron varias reproduccións das obras do pintor-LNB Pirucha. Unha vez estructurado o espacio sonoro e visula arrincaba xa no lusco e fusco unha dos máis intensoso e brutais Abertinho nunca antes celebrados , no lusco e fudco as billardas voltaban a bruar ó carón da MECA-LNB , a escasos metros donde a besta brava alumeou o gran garañon que hoxe pasea orgulloso a súa crin por todo o páis adiante. Pasadas as 21:30 arrincaba o Aberinho que rematou en noite pecha con David o gran palanador dos Meiregos Tropa Lixeira levándose a espectacular botella do Licor do negro Café que compartíu co resto dos participantes nunha mostra de humanidade e compañeirismo exemplar que nada ten que ver coa actitude bochornosa dismes impresentábeis xogadores de futbol da selección gañadora da eurocopa que se encheron eles para mofarse dos afeccionados , David de Tropa , un exemplo a seguir para toda a serpe da LNB!!


















E mentras as Cacudas xa comezaban a invadir os bares e taskas de Compostela en Bretonha tomaban o escearios os Ex_tension Agraia , atención ás explosivas reportaxes fotográficas tanto da actuación coma do Abertinho que moi pronto poderedes desfrutar con lanzadeira do facebook oficial do Varal e alerta porque o fotografo-LNB Nachok estivo fronte ás gadañas co seu kalashnikov de imaxes para realizar unha reportaxe para a que seguro hai que por gafas escuras para non quedar cegos co brilo da soldaura...Non imos parar ate xogar e intervir en todas partes!!

2 Comments:

  • At 6:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Gora E.T.A. (Ex Tensión Agraria)

     
  • At 11:10 PM, Anonymous Anônimo said…

    Adiante Extensión Agraria e adiante a LNB!!

     

Postar um comentário

<< Home