O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 09, 2012

INMUNIDADE ANIMAL>> O VARADO DO GHARABOTO SOBRE XEO E O ATAQUE BRUTAL DO CÃO-BILHARDEIRO!!























Imposíbel aplacar a boráxine que invade non só á raza humana senón tamén entre o reino animal cara á práctica da billarda , cunha finde donde se alviscan xa para o sábado 14 en Marín e o domingo 15 no Viladonda no Salnés espectaculares Abertos de verán no contexo do mal chamado proceso de paz donde a banda terrorífica ExTension Agraria continúa ó carón da por agora aínda non ilegalizada división escénica da LNB " A Faisca Teatro" o súa arrepiande andaina que terá no festival da Chaira na Pastoriza e no referencial festival da Terra e a Lingua de Narón os seus puntos de inflexion coa desputa dos Abertos do Xavarín e do Abertinho Artabro en apoio á xestación da selección nacinal galega de futbol gaélico para impulsar firmemente o estourido da seleccion galega diste deporte irmán na comptetición oficial internacional porque coma as focas do ártico contra os cazadores, os palandores e palanadoras da LNB cos paláns na man nos reviramos contra a normativa legal que impide á Auténtica e ó resto de selecions nacionais poidan desputar competicións oficiais.

CÃO ROUBANDO BILHARDAS NUM ABERTO DE BILHARDA!!



E se a foquiña-LNB é toda unha referencia na actitide e no desembolvemento dunha resposta contundente contra o opresor , que dicer do cão-bilhardeiro da NorOeste que despois de atreverse a atacarlle a un dos máximos expoñentes da LNB como á Daniel de BM , se atreve a amosarlle os dentes todo o resto de parcipantes nun Aberto do NorOeste para tentar demostrarlles que é necesario máis compoñente ofensivo , unha ledicia absoluta para toda a serpe ver que Pinto o can acompañente do seleccionador nacional ó igual ca o palanador da Faisca e actual Zoqueiro nacional son actitudes que os recén chegados ás pistas da LNB asimilan á perfeccion, ollade en toda a súa intensidade e plenitude iste video-estalo desclasificado istes días para cargar agora amáis ca nunca coma o cão da NorOeste , de raiba da cada un dos nosos golpexos e accións dentro e fóra da pista, porque ó igual ca Serxio de Xarutos colle a billarda o cão-bilhardeiro continúa no ar guindado á billarda , unha mostra que mostra ás claras que nengún palanador ou palanadora nen pode nen debe desconectar nen por un instante do seu compormiso coa LNB cando a carreira remata, un palanador da LNB éo 24 h ó día durante toda a súa vida coma a foquiña-LNB ou o cão-bilhardeiro , agora só resta gardarmos que o gran pintor Pirucha sorprenda á critica cun cadro inmortalizando iste suceso >> Caõ roubando bilhardas num Aberto de Bilharda!!

3 Comments:

  • At 6:17 PM, Anonymous Pinto said…

    A zoca do ano pasado é do pe dereito, a ver se facedes a do esquerdo este ano, que a pobre da miña nai cando vai ao esterco volve sempre co pe esquerdo cheo de mierda.

     
  • At 11:27 PM, Anonymous Anônimo said…

    algunha solteira xeitosa para min? é que desde que me entrou na casa a poli non podo ir ao club ladys. levaronse o diñeiro que tiña e algúns libros vellos.

     
  • At 9:24 PM, Anonymous Anônimo said…

    PINTOOOO! Paasa pa casa!!

     

Postar um comentário

<< Home