O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 16, 2012

DESFEITA NO ABERTO DE VILALONGA >> É IMPOSSÍVEL DE SUPERAR A VELOCIDADE DA MOINHEIRA!!

















Un dos destinos preferidos pola transumancia do turismo colonial non podía quedar a marxe da contundente accion billardeira para deixar claro a calquera dos despistados que ista find. se deixaron caer pola festa do Carme de Sanxenxo que estaban pisando e desfrutando de sol galego para que de existir un goberno auténticamente galego debería comezar a cobrar taxas ós non autóctonos que o desfruten e poder así financiar dun xeito sostíbel a trerríbel DESFEITA e saqueo dos noso recursos naturais.

















Impresionante tamén a ollada de Daniel , o gran palanador dos Routeiros , que ista find. colleu os paláns e marchou cara ó Sul na busca da gloria que o año lle negou , chantada no horizonte temeroso da chegada dun posíbel cadelo que lle puidera trabar nas pernas obstaculizando así calquera dos seus golpexos, Daniel como se puido ver en varios video-estalos foco de atracción para a raza canina que de seguro que ista vez lle daría prioridade ó palanador que viste a camiseta chollima cunha estrela que estranamente pertence a unha selección que non é a de Korea do Norte.

















De festa en festa , o comando Gharaboto desafiando a resaca do concerto de Astarot do día anterior en Marin achegouse tamén á pista de Vilalonga disposto a todo mais a férrea marcaxe do palanador Lokal Iván Puente que está buscando unha saída para o seu polémico brindaxe de contrato que o matén aínda atado a Bateas , fixo que só Angelín descase entre a tribo LipiLape desprazada ó Salnés.
















É alarmante a baixa forma en que se topa LU actual campiona nacional, xa que dende que xogou en Conxo non da unha a dereitas. ¿ Que lle pasa a LU ?  isa é unha das grandes preguntas que  resoan xunto coa pregunta sen resposta de Qué lle pasa a Luis Camiña? que nun desgarrador estalo relata a súa xogada chorra do Aberto da Labandeira >> xogando un desempate con Gelín, e despois de tirar el a billarda fora, somentes tiña que tocala para pasar eu a cuartos e "toqueina ben tocada". Levantei a billarda, golpeeina despacio pois xa chegaba e foiseme para atrás, volvin a golpeala para metela no campo e mandeina máis pa tras ainda. No seguinte golpe de desempate gañoume.

















Impresionante tamén o esceario de entrega de premios un marco incomparábel para un Aberto que deixa semente de victoria entre as crianças e os homes e mulleres feitos e deitados, E o máis desacougante de todo , é a impactante semente de vistoria que deixou a elebestrada sesión de dj Anho Mouro que no esceario da Labendeira tivo un máis que digno sucesor en Dj Caranguexo .

















Xan Rodiño, perfecto coñecedor do terreo e dos entresixos das lastras da Labandeira no deixou que naide se achegara a Sanxenxo prantar pexegueiros e tomou o palán polo mango para facerse cun Aberto das Festa do Carme co que levaba soñado dende os tempos nos que corría a banda enfundado nunha elástica da SD. Compostela. Noraboa para Xan e tod@s os paricipantes porque unha vez máis nos amosan ás claras cal é o camiño a seguir>> Xeral:  1º       Xan     Bateas -  2º       Gelín   Gharagoto  - 3º       Luis     Bateas  /  MulleresElena      Bateas /  Infantil: Xavi       A Esmorga /  Varados: despois dun cuadruple empate,  Daniel de Roteiros, Luis Camiña de Gharaboto, Carolo de Corredoiras e Luis de Bateas, gañou Luis de Bateas sin a participación de Daniel, xa que o camiño de volta era longo e marchou antes do desempate.