O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 20, 2012

DO XABARIL DE BALTAR Ó OSO PARDO DO COUREL , E DO ABERTO DO UMIA-ROCK Ó FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA DE NARÓN!!
















Fai esactamente un ano estabamos compatindo espazo e brindando con Escumoso Bieiteiro con Antóm Santos, o activista galego  actuamente na cadea polo único delito da súa militancia galega , estará ó igual que a compañeira María do Madia Leva tamén presa , presentes ambos en cada golpexo do palán contra a billarda no campo de xogo de Baltar e tamén riba do esceario donde os Ex_Tension Agraria tamén de seguro fan algún recordamento distes dous compañeiro retidos polo estado e máis cando dende o seu aprexamento en Aranjuez , Antóm , ven de publicar un espectacular artigo no Novas da Galiza diste mes de xullo titulado" Desporto na Galiza , de ontem a hoje (I)" donde de novo sitúa á estornela coma o deporte nacional aldraxado sistematicamente polos estudos históricos que a sitúa coma unha practica pre-deportiva , unha lamentábel eiva que a LNB dendo o seu inico tenta correxir pondo no centro da diana a historiadores , catedráticos ou analistas que se atrevan e custior a máxima da bilalrda como desporto nacional galego. Iste sábado de novo estaremos en Baltar para que chova chuzos de punta coma o ano pasado , troe ou arda o sol nas nosas costas voltar celebrar e desfutar coa forza dun xabaril ferido diste Aberto do Festival da Chaira que se converteu xa nunha das citas ineludíbeis diste verán fatal billardeiro. Info e inscipción >>605.316896















E non só haberá billarda para quenta ros corpos antes de que Ex_Tension Agraria invadan o esceario , ca que os irmáns do Muralla Rugby Clube con xogadores con pasaporte-LNB exercerán de mestres de  cirimonia na brutal Pachanga Rugby  7 na pista anexa ó Aberto de Billarda, un luxazo e un xeito de celebrar a boa saude diste desporto irmán e diste disciplina a 7 cuxa selección galega ven de imporse no super-seven Cidade de Uvieu. Info e inscripción >> 670.058670



















E a acción arrinca xa o no lusco e fusco do venres, un estalo o internacional de futbol gaélico entre Galiza e Bretaña con repercusión internacional que pode ademáis capitalizar as ansias de competición oficial dunha seleccion galega de seu xa que o selección galega de futbol gaélico é a punta de lanza que Siareiros Galegos vai utilizar para darlle á brosada ó cerco de aramios do estado español . A cita no marco do Festival da Terra e da Lingua  ás 21 h no campo de futbol do Cavadal de Narón.

















E depois do futbol galélico ó día seguinte o playmobil que levas dentro vaiche seguir pedindo tralla polo que no Paseo Marítimo de Xuvia donde se desenrola o festival propiamente dito , explosiva nova edición do pater de tódolos Abertos de Verán , será apartires das 17:30 h. e coordiando pola tribo Bezouqueira en colaboración coa Fundaçom Artabria quen porán en órbita un ano máis o explosivo Aberto Ártabro de Bilharda. Info e inscripción>>650.731353

















E simultaneo a todo ó carón do río Umia en Barrantes no serán antes do inico do festival Umia-Rock donde os Composteláns LABAZADA destrocen o esceario coa súa furia e carraxe billardeira no serán será a tribo LNB quen invada o espazo festivaleiro cunha primeira edición do que seguro será unha cita fixa en vindeiro anos no calendario estival da LNB , apartires das 19 h. I Aberto do Río Umia ...Fachenda Galega e billardeira a feixes!!. Info e inscripción>> 637.564377



















De seguro que no río Umia os Osos Pardos autóctonos galegos atoparían un hábitat perfecto para sobreviver comendo as fantásticas troias e anguías , mais a codicia humana recluíu ista espcie ós límites ilegais do noso páis incluso afastnadoo ista animal do seu hábeitat natural que son as montañas do Courel donde iste domingo a LNB vai realizar unha acción absoñutamente histórica coa posta en marcha do primeiro Aberto de Billarda do Oso Pardo nas terras de Uxío Novoneyra. En colaboración cos irmáns da A.C A Coroa de Folgoso do Courel e dos activistas de Xotramu un comando LNB vai establecer no marco da xornada de xogos populares o que será o primeiro campo base billardeiro nun dos puntos máis álxidos xunto cos Ancares da cultura indixenista galega. O premio será un espectacular lote de productos confeccionado coas fantásticas castañas autóctonas de Folgoso do Courel. Info e Inscripción >> 676.597050

1 Comments:

  • At 2:04 AM, Blogger RuAn said…

    So paso para saudar. A ver se o luns teño algunha notisia. Apertas

     

Postar um comentário

<< Home