O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 27, 2012

CABRAS , REQUEIXO , CHAQUETA DE LÁ... COMEZA UNHA FIND. DE LOITA, BILLARDA E ESMORGA A EITO!!


















O eixo do carro da LNB continúa rinchando na Cachaira marcando indiscutibelmente a pauta no universo billardeiro , iste sábado en Meira no marco das Olimpiadas Rurais que deixa en cuieiros o tinglado capitalista de Londres terá un dos seus puntos álxidos coa desputa do Aberto de Billarda da Cabra Chairega un brutal estourido que arrincará a iso das 17 h . Info e Inscripción: 686.458560  - E simultaneo á ista acción no hemisferio Sul Aberto puntuábel para a Chaqueta da Lä en Bueu>>  658.491908



















Que desputache a cabra e non tiveche sorte, ou estiveche vivindo a tope o Expresions Simultaneas de Meira  coas actuación de Terbutalina , Labregos no tempo dos Sputniks e ós PanZ e tes unha resaca de cabalo e necesitas algo a toda velocidade para reporte..non te preocupes , a iso das 16:30 no circuito da Pastoriza tes ó teu alcande a mellor das menciñas posíbees coas que combater a terríbel doenza dunha terríbel noite de troula e loita..falamos naturalemente dun auténtico manxar froito das terras coa segunda das populacións de vacas máis numerosas por habitantes do país , O ABERTO DO REQUEIXO DA PASTORIZA xógase iste domingo no circuito de velocidade polo que colle o palán e bótate á estrada a toda velocidade e en direción contraria. Info e Inscripción>> 699.362061


















E nas terra da Conferencia Centro iste sábado. tamén preparan o corpo para darlle troula da boa donde as estornelas moi posíbelmente invadan tamén o ar cun posíbel Abertinho no marco da espectacular Romaría Galega de Pontraga, un dos epicentros da área estornela donde cos banda sonora dos Pelexos , Pan Quente , A Orquestra os Modernos e os Zanfonistas da Pontraga vai ser moi complicado que as billarda poidan estar quedan e non se reviren para desfrutar de tanta festa comso vai haber en Tordoia. Info e Inscripción>> 654.232108