O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 13, 2012

O "I ABERTO DO ACEITE VIRXE GALEGO" BUSCA ESPAZO E DATA....COLLE O PALÁN E LIBERA A TÚA COCIÑA!!!




















Non hai verbas para describir a emoción que subxace da brutal irrupción do Aceite Galego Artesanal na podeorosa Plataforma Comercial de Apoio á LNB , e atención porque o Aceite Galego saé ó anti-parket billardeiro e faino dun xetio absolutamnte comprometido , buscando espazo físico para a desputa do que será o histórico I Aberto do Aceite Tradicional Galego , arrinca pois a primeira poxa internacional para un aberto cuxo campión ou campioa poderá substituír para sempre o antinatural aceite de oliva español por un auténtico aceite galego virxe que fará as deliciais do teu paladar ate o día de hoxe alpurrado e aldraxado  sistematicamente polo un aceite totalmente alleo.  O aceite de colza aniquilou a Lois Pereiro e o aceite de oliva mata cada día o poeta que levas dentro ....prántalle cara ó máis brutal do colonialismo culinario e prepara a pista e o espazo para o explosivo Aberto do Aceite Virxe Galego!!






















E nunha find tan intensa coma a que afrontamos non podemos máis que agradecer de xeito intenso o novo lanzamento dunha das puntas de lanza da Plataforma Comercial de apoio á LNB , ahí está o espectacular Barril da Cerveza Menduiña que iste sábado terá o seu estreo mundial na sesión vermú do espectacular festival A Chorar A Cangas  , paralelo pois ó Aberto do Lipi-Lape do sábado 14 en Marin donde os irmáns de Almuinha acaban de denunciar un novo atentado perpetrado con guante branco polo concello da Vila e ó Aberto de Vilalonga en SanXenxo o domingo 15 donde non sabemos se estarán os barrís mais seguro que unhas botellas os palanadores se botarán ó corpo para hidratarse en plenitude galaica.


















E de Ponteceso e Vimianzo con parada na Chaira , espectacular imaxe dun referencial palanador e xogador de rugby do Muralla de Lugo, Paulo de novo conduce a melle alumeándonos o camiño cun facho de lume durante a súa recente participación na toma do Castelo en Vimianzo , unha perfecta metáfora para ir preparandonos para o asalto de parlamentiños e edificios oficiais. Atención porque Paulo ultima xestións cara ó primeiro AVerto con "V" mentras afía a gadaña para exercer de Gadañeiro Oficial no explosivo concerto de Ex_Tension Agraria no festival da Chaira posterior á celebración do xa mítico Aberto do Xabarín de Baltar...Fachos e Gadañas Sempre , Adiante co Varal!!