O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 29, 2012

A " TORTILLA COCHIKEIRA" DE ISMA , CONSEGUE POR UNANIMIDADE DO XURI-LNB O MILLO CORVO DO PLAY OFF NACIONAL DE CONXO!!


















Malia ó atasco dos compañeiros de latri.ca que xunto coa LNB coordinaron os anteriores concursos de micro-literatura billardeira , as espectaculares mazorcas de Millo Corvo chegaron dende Bueu a Conxo da man do gran Manuel Outeiro dispostas unha vez máis a atopar unhas mans e unha cabezas parellas á súa valía . E foi así unha semana antes o Millo Corvo se remodelou nun espectacular concurso á mellor Tortilla non Española, todo un reto para os palanadores e palanadoras da LNB que unha vez máis non defraudaron. E foi nunha reñida competición e nunha dificilísima decisión do Xuri-LNB que por decisión unánime outorgou Millo Corvo á mellor acción poético-gastronómico-billardeira á espectacular Tortilla Cochukeira realizada por Ismael  da potente equipa de Cerceda.



















Un Xuri-LNB de auténtico luxo cuxo vocal e lider espiritual era Franco de Billardeiros Musicais , perfectamente secundado polos dous cachorros Falanghistas Serxio de Xarutos e Rubén Otero ....tamén coñecido coma o fillo de Celso



Impresionante unha vez máis a entrega do Millo Corvo , A Tortilla Cochikeira únese por méritos propios ós micro-estalos coroceir@s de Sak e RuAn e ó micro-relato tamén obra do locutor de Radio Oceánica que podeiamos fundir para ocasión.. Afíame ben a billarda , e vai preparando o varal, que imos xogar un aberto " e comer unha Tortilla Cohikeira" afastadiños no xestal ( Copla) .  Unha mágoa que o gran palandor do Bulls Martinho decidira non concursar agazapando a súa tortilla ate o remate da cata porque cando puxo en circulación a súa espectacular creación por unanimidade os comensais a calificaron de apoteósica.



















E como nas grandes ocasión a grandeza dun triunfo a marcan os grandídimos competidores , e ista edición do Millo Corvo non foi unha excepción xa que en segundo lugar a escasos milímetros da Tortilla Cochikeira se situou o magnífico petisco de Luis Camiña , unha combinación elementos que convertía cada bocado do xurado nun ceo de foguetes , Camiña transladou á tixola a súa maestría na pista e a súa maxistral organización no mañetín de billardas.

















No polo oposto se sitou a creación do palanador da Ekipa Bítere que apostou pola ornamentación máis que pola sustancia, a escaseza de chuvia os días previos na NorLeste impedíron que Xermán realizara a súa mitica e incomprendida Tortilla de Coscos polo que optou por unha deconstrucción xestada durante a interpretación do himno na final da copa do rei e realizada na tixola mentras a representante Albanesa interpretaba o seu tema no festival de Eurovisión .

MILLO CORVO HONORÍFICO ...PARA A TARTA DE CONXO OBRA DE RODRIGO DE TROPA-LIXEIRA!!















E por aclamación popular durante a toma de contacto cos fantásticos postres que os participantes no Play Off aportaron ó xa mitico xantar popular autoxestionado de Conxo , a tarta realizada polo palanador de  Tropa Lixeira Rodrigo que se atopaba no explosvio Sonicphere Festival levou a consideración de Millo Corvo Honrífico que será entregado na inauguración do placa identificativa da  Meca da Billarda no campo da festa de Bretonha, sinalando o punto esacto donde foi que comezou a loita... Millo Corvo , para colleitar soños hai que sementar realidades!!