PALANADORINH@S DE PONTEVEDRA...A REVOLTA BILLARDEIRA INVADE AS AULAS Ó AMPARO DO MES DAS LETRAS GALEGAS!!
Coas brasas aínda ardendo na lareira de Conxo ollamos cara o ceo estreleiro e atopámonos coa maxestuosa imaxe do acontecido dentro das referenciais xornadas Maio mes da Lingua de Pontevedra , os Ceips de Campañó, Lerez, Salceda , Xeve e Campolongo protagonizaron o pasado 30 de Marzo a espectacular primeira acción billardeira escolar na cidade dirixida e coordianda polos axentes LNB das Conferencia Salnés e Sur.
Como agasallo cada palanadorinh@ recibíu fantástico palán e billarda con medidas oficiais para compàtir ns Abertos da LNB ademáis dun fantástico día xogando ó deporte nacional galego que prectivaban os seus devanceiros cando ía alindar as vacas ó monte.
Impresionante a imaxe dos canteiras pontevedreses da LNB erguendo o palán e a voz durante a arenga do Braveheart billardeiro , tamén coñecido coma Xan Rodiño , que dende o parque da música se dirixíu ós alunmos para dispensar as coordenadas da loita do home contra a madeira.
A Alameda de Pontevedra por fin recibía o alento e o brutar das billardas que durante tantos anos lle foi se roubado tanto na cidade do lerez coma nas demais espazos urbamos do páis enteiro.
PalanadoriNh@s brancos e pretos que algún día de seguro loitarán por converterse en Coroceir@s Nacionais na loita infinada dun Play OFF Nacional da LNB, e todo grazas á iniciativa dos activistas da LNB que pulan contra vento e marexada para incluir a Billarda nas garderías e nas aulas dos colexios , institutos e universidades do país enteiro.
Impresionante a coleccions de fotos da acción billardeira na Alameda de Pontevedra , bota un ollo porque isto á pior noticia para o inimigo que observa como pese ó acurralamento unha nova xeración emerxe disposta revirarse armados unicamente coa razón, un palán e a forza herdada do antergos.
E non só foi a acción combinada de varios centros de ensino na Alameda senón que a LNB leva tempo xa incidindo na súa incursión nas aulas da área de Pontevedra , aquí podemos ver ó Braveheart da LNB "palanizando" ós xogadores antes de entrar na batalla na pista de xogo.. e atención porque nista acción se xestou un dos que será un dos Abertinhos en Festivais diste incendiario verán billardeiro, O Festixeve quere billarda e a LNB quere Festixeve...porque unha folerpa con outra ás veces calla e fai neve!!
4 Comments:
At 2:29 PM, Anônimo said…
Xan Rodiño o amigo dos meniños
At 5:15 PM, Anônimo said…
Cando foi isto o 30 de marzo ou o 30 de maio?
At 5:06 AM, Manu Faísca. said…
Qué é iso que dis ao final da farlopa?
At 8:04 AM, 5689 said…
zzzzz2018.8.16
coach outlet
michael kors outlet online
kate spade outlet online
ralph lauren uk
skechers outlet
canada goose jackets
coach outlet store online
ed hardy uk
lacoste outlet
huaraches
Postar um comentário
<< Home