O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 01, 2012

MANIOTAS , NACIONALIZA TI TAMÉN COA BILLARDA TODA A TÚA ENERXÍA!!


                           
Primeiro foi o governo arxentino quen lexitimamente puxo fin ó neocolonialismo enerxértico sobre as súas terras e agora é o governo Boliviano que tamén move ficha para cesar co expolio que Rede Electrica de xeito impune tamén estaba reralizando , é por elo que como se amosa niste espectacular estalo emitido o pasado sábado no programa Maniotas da por agora aínda televisión pública galega , no que se pode constatar a forza inmensa dos nosos pozos petrolíficos e correntes de electricidade que nunca poderán ser requisados . O documental narra o Play Off Nacional de fai dous anos donde Toño dos Furabolos exerce de guía ás famentas cámaras que captan en toda a súa plenitude e intensidade a final feminina. Tele-Varal xa esta traballando para ofrecernos en breves o histórico documento billardeiro de xeito compactado , de momento xa o podemos desfrutar tal e como se ofreceu o pasado sábado nas pantallas da galega precisamente simultaneo á desputa do Aberto Puntuábel da Conferencia Centro donde o gran palanador dos Trouleiros Basilio acupou o máis alto do pódium.





















E mentras a Auténtica prepara o camiño para o vindeiro 12 de Maio enfrontarse a Euskal-Herria nun histórico partido en Marín , os ollos se nos van cara Catalunya , país co que fai unhas semanas a selección galega de billarda ven de sucumbir mais revolución e actitude a bélit para a que obrigatoriamente temos que seguir ollando tanto polas espectaculares accións nas autopistas pa prol da insubmisión ó pago #novullpagar  como pola conquista de espazos como nos amosan os irmáns de Casus Bélit na impactante invasión de canas do mesmísima Sagrada Familia da Cidade Condal - Pazo do Horreo , O Obradoiro ....a qué agardamos para estercalos de billardas??