O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 08, 2012

"EXTENSIÓN AGRARIA"....A ISTES HAI QUE DARLLES DE COMER A PARTE!!


Por fin unha afirmación que pon dacordo a quen o pasado sábado víu ao vivo e aos que fai tan só unhas horas aínda teñen os ollos coma pratos despois de darlle ó play e ver o explosivo documento co que Tele-Varal contaminou coa temeridade e atrevimento dun grupo o mainiño ar da musica galega. Extensión Agraria rexurde das súas propias cinzas froito do esterco billardeiro que fixo posíbel que nas pistas da LNB voltaran prender as mellores flores sementadas fai máis dunha década polo gran  gran Miguel Agrelo nun invernadeiro clandestino de Meira , en cada ensaio Miguel alimentou coa poderosa gusa dun pasado glorioso para transmitir a forza capaz de criar un salvaxe presente rabioso como se puido desfrutar no arrinque da xira Parcelaria Nom-Tour que de seguro vai rachar moldes na Galiza e no estranxeiro.. Extensión Agraria está aquí e non chega para ser unha mera comparsa , chega e faino coa forza brutal dun besto bravo de se nega a ser marcado co ferro quente dun estilo , dunha marca ou dunha forma nominal de entender o negociado....



















Extensión Agraria só pertence a si mesmo e ó seu público , a indomábel tribo de Anti-fans que marcan a liña e a impostura dunha banda única e diferente cuxa consiga é a loita contra unha B.S.O establecida , somos políglotas si ... escupimos por igual á Mesa que a Galicia Bilingüe , espantallos ambos dunha leira á que nen os corvos acoden , o vervo xido , os acoples, os xuramentos , o alento firme das verbas xunguidas dende o berce...ises son os as nosas línguas e a matanza o noso xeito de entender a harmonía >>  "a matanza se fai por orden, e é imprescindible que cada parte cumpra ben o seu cometido para que a suma teña sentido, non pode chegar un tío e cortar o cocho con unha desbrozadora porque eso xa non será cocho...nin matanza nin nada...será solo un tipo ca desbrozadora facendo ruido. Sustituimos cocho por tonalidad, desbrozadora por instrumento e poñemos canción en lugar de matanza e velaí o que non desexo (desexamos) que pase....cebar o cocho todo o ano pa comer despois bistes do Cemar non ten sentido"  -Alex guitarrista de Extensión Agraria -












Sen dúbida cada acción sonora de Extensión Agraria vai vir acompañada dunha brutal  fervenza de sucesos na vila ou na cidade que vai deixar as leiras , azulexos ou terrazos sementados de victoria. Por primeira vez un Abertinho de madrugada realizouse baixo o teito protector dun pub galego , por sorte naide saíu ferido polo que as billardas e os gin-tonics como se demostrou na Taberna da Cancela en Xil e no Rockuncho en Ribadeo son totalemente compatíbeis para sucesivas e delirantes intervencións ...

MENINHO A SONHAR....

















Olla ven para ista auténtica obra de arte , pertence ó artista galego Pirucha como sabedes tamén palanador dos Bateas da  LNB , coa voráxine absoluta no Hemisferio Sul billardeiro ante o inminente partido internacional diste sábado en Marin do Galiza-EuskalHerrria  , ante a irrupción excénica de Cascudas da Faisca Teatro iste cadro que podedes aínda desfrutalo na exposición monográfica na Casa da Cultura da Pastoriza  forma parte do "Abismo" co que Extensión Agraria afronta a parte fianal dos seus concertos, consiste na visión sonora do anti-grupo enfosado en Bretonha de varios cadros diste desacougante artista e palanador....Meninho a sonhar que mata ao seu pai a marteladas!!