O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 15, 2012

FESTA E BRINDES CO PUNTO DE MIRA POSTO XA NO GRAN TEATRO DE SOÑOS DO ESTORNÓPOLIS DE CONXO!!














Coa Taberna de Lola convertida nun auténtico polvorín de emocións compartidas celebrouse a espectacular entrega de premios de fin de tempada regular na Conferencia Mae do Norleste, festa regada pola Cervexa Menduiña e diversos brevaxes que acenderon os ánimos aínda máis de palanadores e palanadoras cara vestir a Coroza na terra batida do inferno de Conxo . Obrigada inmersións nos crónicos e reportaxes verquidos no web-blog oficial da conferencia cantábrica , no Dioivo e no arrepiante espazo web os Tropa-Lixeira de Meira














E para espazos incribeis e accións  impactantes hai que dirixirxe obrigatoriamente ós territorios da mítica conferencia Noroeste que lograron situar as billardas xusto ó carón da mesmísima Torre de Hércules , iste explosivo collage fotográfico aparece no facebook persoal do gran palanador dos B.M Daniel que sucumbíu na final fronte ó poder Batea do gran Balea. Atentos ó espectacular crónico no seu web-oficial e tamén ó estalo no Dioivo , medio irmán no que a Auténtica tamén invade espazo co histórico partido contra a poderosa selección Euskal Herria ....ergue o palán ó ceo e realiza o auténtico e enxordecedor berro silencioso, billarda sempre!!