O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 02, 2012

#SOSFragasdoEume - PALÁNS Á RÚA EN SOLIDARIDADE COS IRMÁNS DA CONFERENCIA BEZOUQUEIRA!!















[ hoxe luns ás 20:30 concentracións >> Na Crunha nos Cantóns, en Vigo no Sireno, en Compostela no Obradoiro, en Pontevedra na Ferrería, en Lugo diante do Concelho, en Ourense diante do concelho, en Foz diante de Facenda, en Lalín na Praza da Igrexa, en Vilagracía na Praza de Galiza, en Pontedeume diante co concello, en Boiro na praza de abastos, en Ferrol na Praza de armas , en Xinxo na Praza Maior ,en Betanzos diante do Concelloe onde cada un poida...]
XUSTO CANDO A CONFERENCIA BEZOUQUEIRA SE PREPARABA PARA A SÚA GRAN REACTIVACIÓN  ANUNCIANDO  A REALIACIÓN E XESTION DO MÍTICO ABERTO DA REPESCA, DE NOVO AS PANTASMAS DO PASADO ACODEN ANTE A INOPERANCIA E A NEFASTA XESTIÓN DUN NOVO DESASTRE ECOLÓXIVO , AS LAPAS DESTRUEN AS FRAGAS DO EUME E CON ELEAS  UNHA FLORA E FAUNA ÚNICA NA GALIZA ENTRE AS QUE SE ATOPAN OS ESCORNABOIS E OS ESQUÍUS BEZOUQUEIROS , AMBOS ESTÁN ESTÁN EN PERIGO E ESTÁN FUIROSOS , AMBOS XUNTO CO BUFO PEQUENO , MOI ABUNDANTE TAMÉN NO APARQUE PIDEN XUSTIZA, PERO NON DISA DE TRIBUNAIS CON XUICES E ABOGADOS CORRUPTOS  SENON XUSTIZA BILLARDEIRA , É DICER, ÁS LAPAS COS CULPABEIS QUE ACENDERON A MECHA E COS IRRESPONSÁBEIS QUE DEIXAN QUE ISTE NOVO  DESARTE ACONTECEZA....

















ISTE LUNS ÁS 20:30 EN DIFERENTES PRAZAS DO PAÍS VAISE CELEBRAR CONCENTRACIÓN COORDIANDAS POLA PLATAFOMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME , É UNHA OBRIGA POIS PARA OS PALANADORES E PALANADORAS ALZAR A VOZ E FACELO EN AXUDA DOS IRMÁNS DA CONFERENCIA BEZOUQUEIRA QUE TAN DURAMENTE ESTÁN SENDO GOLPEXADOS POLO TERROR DO LUME E A FORZA DA INCOMPETENCIA GUBERNAMENTAL. ISTA ATERRADORA IMAXE FOI TOMANDA POLO MESMÍSIMO SUB-COMANDANTE SARDINHA , O PALANADOR COMA MOITOS OUTROS DA CONFERENCIA TEN AS LAPAS PETANDO NA PORTA...TODOS Á RÚA, CON PALÁNS E BILLARDAS PARA REALIZAR VARADOS NAS PRAZAS DE CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDADE COA PODEROSA TRIBO BEZOUQUEIRA. 

















E COMA SARDIÑA, TODOS OS PALANAORES E PALANADORAS DE BEZOUQUEIRA ESTÁN  CON LUME NA CALUGA, IMPRESIONATE AS VERBAS VERQUIDAS POLO GRAN ARGIMIRO , O PALANADOR DE CERNADAS PONNOS A PEL DE GALIÑA E FAINOS APREIXAR OS PUÑOS CUN IMPRESIONANTE RESUMO DA RIQUEZA NATURAL QUE O LUME E A INCOMPETENCIA AMIAZA CON LIQUIDAR >> As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados .Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural. O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

As fragas do río Eume son un destacado representante da fase clímax da vexetación galega. Os bosques de ribeira, dos que o parque é bo exemplo, distínguense polos seus ecosistemas de elevada biodiversidade, particularmente no que respecta á flora. Tradicionalmente foron moi explotados polo home pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas como estas fragas.

A árbore con maior presenza no parque natural é o carballo. É o medidor da saúde da fraga: os exemplares máis lonxevos existen nas zonas que sufriron unha menor presión humana (a Fraga do Mosqueiro ou as fragas que arrodean o río do Dez), e está sendo obxecto de repoboación en zonas fráxiles do parque, onde fora apartado recentemente polo bidueiro.
Tamén ten numerosa presenza no parque o castiñeiro, dominante nalgunhas áreas logo de roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis rapidamente e prover froitos de consumo humano. O bieiteiro ou bidueiro é a terceira das especies maioritarias, e ocupa dous tipos de espazos: áreas tradicionais de bosque de ribeira, e zonas marxinais onde os carballos foron perdendo distribución, e onde medran rapidamente. Nestes espazos están a ser substituídos por carballos por acción conservacionista.

Río Eume

Nas proximidades dos ríos atopamos o ameneiro, que soporta ben as situacións de asolagamento, xa que suxeitan as marxes das canles impedindo o seu arrastre polas cheas, o salgueiro (con moita menor frecuencia), o freixo e o pradairo. Outras especies arbóreas das fragas son a abeleira, principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o cerqueiro, nas zonas altas das fragas de Pena Fesa, Os Cerqueiros (topónimo que reflicte a abundancia desta árbore) e A Marola; o érbedo, o loureiro, e o olmo, frecuente tamén nas proximidades dos ríos, como preto do mosteiro de Caaveiro. Tamén se ten sinalado a presenza do lamigueiro nas fragas, unha especie rara na zona próxima á costa. O teixo, atopa no parque a súa localización máis occidental no país, xa que a intensa actividade humana sobre esta árbore acabouna relegando principalmente ás montañas orientais galegas. Finalmente, existe en abundancia o acivro, fundamentalmente como arbusto pero que chega a acadar exemplares de altura e porte, o estripeiro, o abruñeiro, a pereira e a maceira brava, esta última pouco frecuente noutros lugares da provincia da Coruña.

Fauna
Como xa se sinalou, os bosques de ribeira son un ecosistema caracterizado por unha amplísima biodiversidade.

Bufo pequeno (Asio otus) abondoso no parque

A presenza da londra é unha garantía da calidade das augas do parque

A vacaloura ou escornabois é o maior escarabello existente no continente europeo
As fragas, polo seu carácter húmido e sombrizo, son un ambiente idóneo para os anfibios. No Eume viven 13 das 15 especies existentes en Galiza. A Píntega común e a súa subespecie galega son moi frecuente xa que as masas forestais caducifolias son o seu biótopo natural. Tamén están presentes outras especies coma o sapiño comadrón, o sapo común, a ra patilonga (que vive nos regatos afluentes do Eume na conca baixa, coma o Sesín), e a ra vermella, que é posible atopar nos prados da Serra de Sanguiñedo. Nas pozas estacionais atópanse as tres especies de pintafontes, o común, o palmeado e mailo pintafontes verde, pero é especialmente valiosa a saramaganta (Chiglossa lusitanica), endemismo do noroeste ibérico que mantén nas Fragas unha das súas máis nutridas poboacións.

1 Comments:

  • At 7:11 AM, Anonymous Anônimo said…

    Se tivemos tres días de loito co fragasaurio, cantos deberíamos ter por este lume? Galiza está de loito

     

Postar um comentário

<< Home