O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 01, 2012

TARTAS E ESCULTURA GALEGA ...RECLAMOS BRUTAIS PARA QUE COLLAS O PALÁN E CEIBES O RAPOS@ QUE LEVAS DENTRO!!



Necesitariamos moitos fornos se coma os nosos irmáns do universo txirikila ou coma os activistas do softwere ceibe quixeranos utilizar as tartas coma arma arroxadiza , non será o caso iste vindeiro domingo 4 de Marzo xa que a gran nave de buxo da LNB desembarca en Mondoñedo disposta a disfrutar dunha gran festa na vila de Cunqueiro no xa mítico Aberto da Tarta de Mondoñedo donde a docura por unha vez invadirá o noso complexo ser colectivo. Artesaría pasteleira na que varios palanadores da LNB coma Pinto da Faisca ou Rodrigo de M de Meira son auténticos mestres que estará presente pois nas pistas de billarda ó carón da arte escultórica que invadindá tamén iste domingo en Noalla no Aberto da Conferencia Salnés os espectaculares trofeos perpetrados polo escultor local Luis Agraso.






















Iste pasado mércores 14-F o Coroceiro Nacional, Iván Bateas, quizades influenciado pola forza descomunal de sentir tan preta a presenza da Coroza coa que se vestíu en Conxo que repousa no Restaurante A Gata Meiga , venceu e convenceu no Aberto Bisesto celebrado en Poio , atención porque se o Coroceiro Nacional foi quen de sacar a coroza que levaba dentro , moi preto dalí iste venres 2 de Marzo no teatro principal de Pontevedra o irmán arxina Calros Solla e a súa poderosa guerilla  poético-audiovisual invadirán o Teatro Princial de Pontevedra para ceibar o raposo que levan dentro...un raposo que tamén sairá pola boca dos activistas da LNB que iste venres ás 14 h estarán apresentando o República Billarda no referencial programa Entrelares de Radio Círculo de Madrid...colle o palán e ceiba o raposo que levas dentro!!

1 Comments:

  • At 6:51 PM, Anonymous Pinto. said…

    Obrigado pela lembranza.

    Ando polo suroeste arxentino perfeccionando a técnica da empada, aqui perfeccionaron a nosa receita nai.

    Tamen ando na procura de novas maderas para a nova coleccion outono inverno 2012, da campaña LNBSur, o próximo campionato imos rachar a clasificación, que se vaian preparando esas ratas de sanxenxo.....

    Saudos dende a outra punta do mundo!.

     

Postar um comentário

<< Home