O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 02, 2012

NOALLA . MONDOÑEDO E OS RADIO-RAHIM DA LNB INVADINDO AS FRECUENCIAS DA METRÓPOLE!!






















Todo listo e disposto para unha find máis ceibar a gun golpe o cento de billardas que levamos dentro , as citas conectan iste domingo Mondoñedo e Noalla con sendos abertos que moi atentós ó Varal Facebook poden ser máis aínda porque hai ruxir de coitelos en varias conferencias. Serán case en horas simultaneas xa que a Conf. Salnés troca o seu clásico horario matinal para arrincar ás 16:30 h e na Norleste continúa o seu habitual ruxir para a iso das 16 h. facer bruar as billardas no arrinque dunha nova edición do "Desatuo da Patiola de Mondoñedo" na alameda dos Remedios da vila de Cunqueiro.

 Preme>>RADIO CÍRCULO DE MARDID >> ESPECIAL REPÚBLICA BILLARDA!! 

Mais quedará para a eternidade a explosiva B.S.O coa que podes acompañar ista túa xeira billardeira de fin de semana, xa que iste venres 2 de Marzo na referencial Radio Círculo de Madrid emitiuse o especial República Billarda no que dous activistas da LNB armados con paláns, billardas e a palabra acompañaron a Sonia Frías no seu espectacular programa Entrelares , unha expereicia única e inesquecíbel para os que a fixeron e para os que decidan compartila , e pon ó descuberto a misera de calquera emisora galega ou internacional que tendo na súa man poder realizar un encontro similar lle negan o espazo e a voz á poderoso furacón de sons , letras e actitudes....ás tres corre a vez ,  Montouto Sound Machine Sempre!!