O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 05, 2012

BILHARDAS PELO MUNDO>> A OLLADA SUDAMERICANA DO GUERRILHEIRO PINCHA!!

















A penetrante ollada do guerrilheiro-pincha fai derreter ás palanadoras e palanadores da equipa rival , foi isa unha das claves polas que a Faisca leva unha impresionate xeira de triunfos na voluminosa conferencoia sul, no pasado Aberto do Auténtica Pinto  transpasou poderes ó campión Olimpico Xosé Miguel que se torna agora na gran referencia a nivel internacional da equipa viguesa mentras el , o guerrilheiro-pincha explora novos horizontes co brazo tenso e a ollada tenra.

















Quedávalle pequena unha única conferencia polo que fai unha semanas Pinto decidíu expansionar o seu xogo e a súa pincha por un continente enteiro, Sudamérica foi a terra elexida e os tres sudamaricones a Banda Sonora perfecta para dunha viaxe sen retorno posíbel con parada no impactante Glaciar Grey donde por a enfriar unhas botellas de licor café para antes de entrar en combate.






















Un luxazo enorme Pinto, o guerilheiro-Pincha, dirixe unhas emocionadas verbas dende a outra fin do mundo na que se atopa espallanado a revolución billardeira>> Saudos palanador@s , iste monumento é en Ushuaia, na fin do mundo, unha tola galega que vivia ali, estívolle insistindo á xunta de galiza para que mandara cartos para facer "un monumento" no finisterre sudamericano. E así foi!  O que reza no pe do cruceiro di "Galiza brila neste confín da terra".... a 14 mil kilometros de casa e atopamos tolos everywhere! - impresionate documento,  unha tarta de Mondoñedo e un fantástico libro coa biografía non autorizada do seu amado presidente  están a agardando ó guerilheiro-pincha para cando decida voltar á terra despois da súa arrepiante aventura sudamericana ... Pinto empre, Adiante co Varal!!