ZOCOS E BILLARDA , UNHA ALIANZA PERFECTA PARA O DESENROLO GLOBAL DUN XEITO PLENO DE ENTENDER O NOSO DEPORTE!!
Imposíbel esquencer a accción perpetrada fai uns anos polo referente absoluto da filosofía LNB chamado Toño Randeira , cando no Aberto da Auténtica celebrado na Coruña saltou á pista de xogo calzado cunhas espectaculares zocas pondo así as firmes base para a busqueda urxente dun calzado propio e autóctono para a práctica do noso desporto. Tivemos que agardar meses e incluso anos que se fixeron eternos para que iste pasado sábado en Castro, Noelia , a gran palanadora do Spartak de Muimenta dera por fin co dardo xusto no centro da diana ó acudir ó campo de xogo cuns espectaculares Zocos realizados pola deseñadora Elena Ferro , unha artesá do coiro de Vila de Cruces que está a desenrolar unha explosiva liña de Zocos para home e muller cunha estética e aerodiáminca totalmente axeitada para ser o calzado que todo palador ou palanadora necesita para rendir ó máximo na pista de xogo . Seguiremos moi atentos á carreira dista deseñadora e en breves lanzaremos os puntos donde se podes adquirir os seus espectaculares productos que serán a guinda perfecta para ise desenvolvemento dun uniforme LNB que os irmáns de Tenda-Galiza están xa procesando.
E coma a forza e empurre dun Aberto de Billarda transcende totalmente das pistas de xogo durante a celebración do terceiro tempo no Aberto de Castro os referenciais Tropa Lixeira de Meira acudiron como non podía ser doutro xeito a un bar na vila chairega donde se servía a Cervexa Menduiña , a cervexa oficial LNB e un dos pilares básicos da emerxente Plataforma comercial de apoio ó nosos movimentos , apareceu para de novo sumerxernos nunha festa que naide nen nada poderá deter...billarda sempre , adiante co Varal!!
2 Comments:
At 11:50 AM, Anônimo said…
E despois facedeo obrigatorio.
At 12:00 PM, Anônimo said…
Uniforme LNB:
http://st-listas.20minutos.es/images/2010-11/262312/2754906_640px.jpg?1292066082
Postar um comentário
<< Home