A VICTORIA DE GENI DOS OUTROS NA NOROESTE CONFIRMA O ESPECTACULAR PLENO FEMININO NOS ABERTOS DA FIND.!!!
Fai unha semana moitos palanadores e palanadoras participaron na marcha ás cadeas oranizada polos irmans de Ceivar para transladar alento e solidaridade cos compañeir@s pres@s , hoxe coa celebración dun novo Aberto puntuábel na Conf. NorOeste no que os elementos tentaron facer estragos dende o mesmo intre no que os carros botaron a andar , as ráfadas de neve na estrada que varios comandos billardeiros sufriron durante o seu desprazamento fan necesario o aviso que para sucesivos movementos niste tempo ademàis de paláns e billardas se metan cadeas nas maletas. Un temporal que fixo que a tribo do NorOeste decidira por unanimidade na pista do Parque de Santa Margarida transladarse ate unha pista pista cuberta de Perillo. Xestion fantástica para un novo éxito de particiaciòn nista referencial conferencia atlantica que situou na final a dous axentes nómades , dende Marin a brisa subxahariana representada por Luis Camiña e dende o Norte o poderoso vento xeado representado por Geni, a gran palanadora dos Outros de Ribadeo.
E nunha find. no que en Castro se impuxo o Palanadora-Power en Perillo confirmouse a impresionate pegada feminina na LNB ó Geni proclamarse campiona absoluta niste gran Aberto da NorOeste. Felidades inmensas para Geni e para todas as palanadoras da LNB que con firme pulso en cada aberto demostran pegada e implicación a feixes nun deporte de xénero e inxenio feminino total como é a Billarda....LNB , FEMININO PLURAL SEMPRE!!
4 Comments:
At 3:11 PM, Anônimo said…
Que mal está a billarda cando gañan mulleres.
At 2:08 PM, Anônimo said…
Qué ben estan as mulleres cando gañan a billarda! Daniel
At 2:10 PM, Anônimo said…
E que mal vai o país con mentalidades así, en pleno siglo XXI!! Markytos
At 3:01 PM, Anônimo said…
Opinions moi obxetivas.
Postar um comentário
<< Home