O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 15, 2012

SÓ REGUEIRO SOPORTA O BRUTAL EMPRURRE DAS PALANDORAS QUE SITÚA A BEA COMA 2º E A REYES COMA MONTEIRA DE CASTRO E GRAN CAMPIOA DO GALO DE MOS!!


















Para quentarse no inverno, antigamente  todos procuraban achegarse á quentura da cociña de ferro que permanecía acendida durante a maior parte do día. Os adultos adoitaban fregar as mans e estender de seguida as palmas por riba dos forniños, en tanto que, por veces, os nenos metían de xeito alternativo os pés e as mans na portiña do forno da cociña bilbaína. iste pasado sábado baixo a brutal xeada de Castro no lusco e fusco a billarda foi o sustituto perfecto para as estelas que arden e quentan as fantásticas cociñas de ferro centrais das casas da terra cha luguesa. Reyes a gran palanadora dos Outros conseguíu proclamarsennun novo Aberto multitudinario,  Monteira de Castro , no que é xa a súa terceira victoria nista tempada regular na Conf. Norleste , un triunfo co que súma un espectacular exemplar de Galo de Mos á súa xa impresionate e impactante vitrina de trofeos billardeiros-   


















Tremendamente frías adoitaban ser as pensións nas que paraban os estudantes, ás veces en cuartos sen ventilación, ou en dormitorios compartidos. "O Fontes, nun cuarto interior cheo de fume de cigarro, patalexaba para escorrentar o frío e pronunciaba alto as verbas solemnes: apopletiforme, leucocitemia...", iste texto extraido de referencial Os Camiños da Vida de Otero exemplifica á perfeccción a viaxe de retorno que troixo de volta ás terras da Mariña á gran planadora Bea dos Remourelle Bulls despois de conformar a súa solidez e implacáble xogo na pista proclamandose subcampioa do Aberto de Castro vencendo nunha final de desempate polo 2º e 3º posto ó mesmísimo Navalleiro da Pontenvoa Regueiro das Troitas Bravas. Un carro compartido por palanadores dos Bulls , Ekipa Bíters e Galo de Mos desafiaron a friaxe exterior e a nevoa con feixes de calor avícola e irmandade . . 

















Nas aldeas tardaron en chegar as bolsas de auga -que eran de goma, ás veces provistas dun forro de la ou felpa- para quentar os pés na cama. As nais empregaban uns recipientes de barro que fabricaban os alfareiros, ou ben simples botellas de gasosa que tiñan un peche de certa seguridade, obtida mediante a suxeición dun tramado de aramios. A istas botellas normalmente tomábase a precaución de meterlle previamente uns cravos dentro para que non rebentara a botella cando se introducía nela a auga fervendo. Non sabemos se o Navalleiro da Pontenova e Zoncheiro da Foliada de Ribadeu quentou a auga para durmir isa noite despois de acadar os ovos de galiña de Mos que o acreditan coma terceiro clasificado no Aberto de Mos , o que si sabemos é que puxo a tixola ó lume para cear un espectacular revolto de cogumelos mesturados cos manaxares que o Excm. Alcaide de Castro lle entregou . Fantástica xestión de novo dos irmáns do CADAVAL que coordiaron iste nova acción billardeira en Castro e atención porque iste domingo xornada puntuábel na NorOeste , alerta de temporal na pista e en Tele-Varal donde os cambatentes herculinos preparan estouridos , alerta mñaxima porque en tamén se amosarán os sucesivos estalos realtivos á irrupción do Top-Mantelo na Chaira coa primeira edición do explosivo Billarda-Book Experience , a irrupción nas pistas do Almanake LNB e a apresentación mundial do primerio calzado propio e específico para practica da billarda dunha forma galega que prepara a irrupción nas pistas de xogo.....billarda sempre , adiante co Varal!!