O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, janeiro 28, 2012

POLO SAN BRAIS .....VIÑO, FURANCHOS , BILLARDA E DÚAS HORAS MÁIS!!

Cunha intensísima nova  find que nos ven enrina con multitude de pólas da gran  árbore billardeira invadindoo absolutamente todo , xunguimos o carro de bois e cargados con pláns e billardas arrincamos tomandolle unha en Bembibre no Furancho "Chegar e Encher " que iste venres abriron os irmáns do Faisca para ir quentando motores cara o sempre explosivo San Brais. E non podemos arrincar o camiño sen unha ollada cara os referenciais mapas sonoros dos referenciais webs de Malmequer e Musica en Galego que guiarán os noso pasos e paláns cara os puntos quentes da xeografía galega , mais se queres rachar as cadeas das fronteiras artificiais,  na Veiga iste sábado dende as 20 h no marco do festival Benéfico da Fundación Edes que se celebrará na Casa da Cultura da Vila ,varios grupos subirán ó esceario para apoiar a iniciativa e dous deles con importántísma presenza billardeira , por unha banda Markitos o palanador de Billardeiros Musicais formando nas filas de CÁDAVA e por outra a palanadora ribadense e distribuidora oficial na vila do República Billarda , Ruth , estreándose ademáis sobre as táboas coma nova cantante dos FOLKGAZAIS . E por se non foran poucos puntos "calentes" como se di na Veiga , en Compostela a cousa vai ferver xa que na mesmísima asemblea de BNG , na listaxe da corrente Movemento Galego cara ó Socialismo podemos atopar a un importántisimo palanador e ex-concelleiro de San Xoan de Río , portando nunha man o Kapital e noutra un palán para que ista terceira vía socialista-billardeira poida rachar a bipolairidade e incluso chegar a dar a campaada nista XIII Asemblea Nacional que se dilucirá durante toda ista find.
















E como entre Furanchos anda a xogada o novo asalto da Conferencia Salnés non podía ter mellor emprazamento que no corazón mesmo do mesmísimo Xerro do Salnés , e atención porque alertan con antelación para que prepares a cunca xa que a cita será o vindeiro domingo 12-Febreiro ás 12 h . na pista dos Pasales ( Dena ) . E atención porque membros dista activa Conferencia coordinarán unha nova acción da Semente Billardeira no marco das Noites Abertas no concello de Pontevedra nas que xa podes inscribirte no telf .>> 659.553543- Billarda Sempre , Adiante co Varal!!