O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 13, 2012

LUME NA PALLEIRA EN CASTRO , A CORUÑA E NA RADIO GALEGA!!!






















Todo listo e disposto para a primeira incursion na tempada regular naindomábel Terra Cha luguesa , a cita será no antigo campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea donde apartires agardará a galiña de Mos e todo o seu exercito de palanadores e palanadoras para adornar con prumas a Monteira do campión do II Desatuo de Ghumarreira de Mos , atención porque no Set-Lab da LNB haberá as presentacións literarias de O Vervo Xido e Teoría de Inverno ( os agasallos do Apàlpador )  , ambas coordiandas polo grupo de conversa en Arxina que de novo a pé de pista estará amosando as brutais posiblidades da lingua dos coanteiros como sabedes cooficial co galego nas pistas da LNB . E Atención porque na primeira irrupción do explosivo Top-Matelo na Terra Cha ademàis do disco República Billarda poderase adquirir o espectacular ALMANAKE 2012 DA LNB , e incluso é posíbel que o Top Mantelo realice unha acción lóstrego no bar Suso de Castro na xuntanza dos catxorr@s NNXX....12 meses , 12 denominación billardeiras, sempre!!                                     

MAGHUA NO LUME NA PALLEIRA DA Radio Galega E NO ABERTO PUNTUÁBEL DA CONF.NOROESTE NA CORUÑA!!













E simultaneo ó Aberto da Galiña de Mos en Castro se sintonizades o referencial programa de folk da Radio Galega LUME NA PALLEIRA , alí estarán os irmáns de Maghua nunha entrevista en profundidade e falando da súa brutal estalo no REPÚBLICA BILLARDA. E como a billarda coma o folk-bravo de Maghua se espalla coma o lume na herva seca , da Palleira de Emilio Españadero a un novo Aberto o domingo na cidade da Coruña puntuábel para a Conferencia NorOeste, atentos ó seu web-oficial e facebook porque asan carne....Lume na Palleira e nas pistas de billarda!!