BILLARDA-BOOK EXPERIENCE EN CASTRO>> O VERVO XIDO!!
Non pode haber mellor intre posíbel que entre carreira e carreira mentras agardas o teu turno sorbendo unha cervexa, fumando , laretando... para coller un libro e comentar a xogada cos compañeiros ó carón da pista de xogo . Con isa filosofía nace o Billarda-Book Experience, un xeito intenso e anovador de entender a interacción coa literatura en marcos abertos e pouco habituais. E atencion porque parello ó Vervo Xido en todas a librarías do país poderás atopar iste venres na edición galega de El País , un espectacular estalo sobre o República Billarda artellado polo Das Kapital Daniel Salgado.
Castro foi o punto de partida e O Vervo Xido do irmán Calros Solla , foi o explosivo libro escollido para arrincar con ista brutal aposta . Coordinada a acción polo grupo de conversa en Arxina da LNB o libro chegou a mans rapidamente e de xeito natural a un dos coñecedores da fala dos Canteiros de Castro xa que niste concello e no resto da terra cha luguesa existíu un poderoso grupo gremial que mantiñan as súas realcións nista lingua cooficial na LNB
Mais o Vervo Xido ademáis de ser un xeito bárbaro para arrumar recordos dos xa coñecedores dista ancestral fala , foi tamén na pista de Castro da LNB o marco perfecto para que os novos falantes coma Rodrigo Castañal , o cantante dos polémicos Extensión Agraria afondase nos caracteres dista lingua que iste potente grupo con base en Bretonha , xa utiliza no proceso de xestación do seu explosivo repertorio.
Un traballo impresionante o de Calros Solla e un luxazo para a LNB que por inicativa do grupo de conversa en Arxina puidera arrincar o Billarda-Book Experience con iste fantástivo eco da fala dos canteiros. Pedra e madeira xunguidas e corpo a corpo acurralando sen complexos os desafíos do presente e do futuro. E non foi o únio estalo , atentos porque o Billarda-Book Experience tivo aínda máis ramificación ó longo dista intensísima xonada en Castro Ribeiras de Lea....Lea e Lea alto e claro!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home