O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 24, 2012

AS CRIANÇAS DA LNB TOMAN A PALABRA NO EXPLOSIVO I CONCURSO DE JINGLES DE Radio Musica en Galego!!!


Dende o inicio dos tempos a LNB sempre tivo clara que a sen a implicación dos màis novos nada diste ten sentido , é por elo que a irrupción do I Concurso de Jingles Radio Música en Galego é plataforma perfecta para como fixo Mencía  a xove palanadora dos Tropa Lixeira de Meira , niste seu fantástico audio-estalo que podes escoitar xa sintonizando coa emisora oficial da LNB. Ista é a chamada para que as crianças da LNB collan o palán e o micro e se faigan escoitar e loiten pola espectacular língua de Xato, simbolo supremo do poder verbal que comunica os pulso vital co froito da terra .


















Nun intre que as palanadoras se reivindican co seu poderoso xogo e presenza nas pistas , as crianças da LNB tamén conquistan espazos en Abertinhos , Foliadas e nos Centros de Ensino e agora tamén irrupen cos facianas pintatadas collendo os paláns e participando activamente no concurso de Jingles de Radio Música en Galego , ünete ó Komando Rebinxe e fai que a túa voz se sinta , no teu ordenador, no telefono , no mp3....calquera aparello vale , grava o teu estalo e envíao a >> musicaengalego@gmail.com  - Billarda Sempre , Adiante co Varal!!