O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 20, 2012

ARRINCANDO AS PEXAS E INVADINDO AS ONDAS ASÍ CHEGAN OS XINETES DA APOCALIPSE Ó ESPECIAL República Billarda DISTE DOMINDO NO RADIO OCÉNICA!!

















Estercando e arrincando os chantos ....así se consolida un descomunal proxecto chamado República Billarda que racha con xugos e cordas , o imparábel boi da chega que cada billarda leva dentro funga e estoura en cada recuncho do país ó berro unísono de Billarda Sempre. Fai unhas semanas Sak dende a súa nave nodriza da Radio Galega Música realizaba un especial baseado no disco República Billarda mais iste domingo apartires das 22 h , Sak voltará a abrir o artefacto sonoro da LNB acompañado ista vez de dous cosmonautas billardeiros que exercerán de xinetes da apocalipse ó carón do gran comandante de Radio Oceánica nista sempre intensa e perigosa traveseía intergaláctica.

Fai como cousa dun ano un fantástico artigo sobre a música electrónica feita na Galiza de Daniel Salgado publicado no País , xornal que iste venres voltou por o foco no universo Billarda , alertou a un aborixe do curro de Sabucedo que habitaba en terras lonxanas , Paulo era o seu nome e Montouto Sound Machine o seu explosivo proxecto sonoro , despois dunhas intensas verbas o seu abrumador estalo no que colabrorou a súa AVOA ,  ás tres corre a vez, desembarcou no peirao Billarda aportando non só un tema màis senón que nos transmitíu a forza e a tenazidade necesaria para seguir sorteando obstáculos no noso tránsito contra os elementos e conseguir que o República Billarda vira a luz , unha luz que é tan intensa que é normal que poida incluso chegar a cegar a propios e estranos. Paixón , compromiso e amizade é o brutal agasallo que Paulo trouxo consigo para compartir unha histórica xornada na presentación oficial do República Billarda no Radio Oceánica, iste domingo achegai pois o ouvido ó voso receptor mais con moito coidado porque trabamos....e transmitimos a raiba!!