O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 01, 2012

ALMUINHA CONVERTE MARÍN EN PUNTO DE CRIANÇAS CEIVES POLA ACCIÓN DO APALPADOR E OS SEUS GAITEIRINHOS!!!!


Impactantes imaxes as que nos ofrecen os corresponsáis de guerra de Tele-Varal dende as trinchieiras da Conferencia Sur. Marín coordinado polos irmáns de Alumuinha, como podedes ver niste brutal documento en exclusiva mundial , foi un dos focos de intervención nos que o Apalpador contou con toda a infraestructura billardeira de apoio. 















As rúas de Marin e do país enteiro tinxíronse do vermello das barvas e cabelo do Apalpador que non podía fallar á cita anual con todas as crianças que o agardan cada vez con máis ansia e emoción.

E para escorrentar a friaxe e persoaxes alleos ó Natal galego , o Apalpador fai unha pausa no seu apoteósico discorrer pola rúas de Marín para encher a pipa e darle unhas caladas para coller azos cunha fondas caladas do relado do povo. 

Intensidade en emoción a feixes durante a preparación do repertorio do Apalpador e os seus gaiteirinhos- 















-Hai xente que quere trocarme por un impostor que non se preocupa polas nosas cousas , nen pola nosa natureza en pola nosa fala , igual ca ises tres que veñen o 6 de xaneiro, tamén din que veñen en camelos, a quen lle colle na cabeza , nen que isto fose un deserto, de ser por eles de seguro que sería un deserto porque só queren  construír rúas e centros comerciais donde antes había castiñeiros e queren vender turron en vez de castañas, mais os nenos e nenas da galiza non se deixan enganar [ extraída da entrevista ó Apalpador no Novas da Galiza-109 ]...Apalpador Sempre , Adiante co Varal!!