O Natal Radiocativo da LNB actívase iste venres apartires das 16 h . no campo de futbol de Cacheiras en Teu donde se desputará unha nova edición do xa mítico Aberto da Auténtica que botará leña no lume aceso polos irmáns de
Siareir@s Galeg@s que auoxestionan ista nova gran xornada de Loita e festa con interncacionla de futbol
Galiza-RASD que terá o seu colofón brutal cun explosivo festival no campo da
Festa de Cacheiras . E como non podía ser doutro xeito a LNB xa ten preparada a espectacular botella de ouro mouro ou
Licor Café para o campión ou campioa do
Aberto da Auténtica co que celeberar unha nova victoria do deporte galego de seu contra a incompetencia e a miserable xestión institucional . O ciclista galego
Ezequiel Mosquera será o encargado de realizar o saque de honra unha brutal patada á inxustiza deportiva consentida polas institucións galegas á que toda a tribo billardeira se suma para esixir o seu inmediato regreso á competición oficial ...
Ezequiel Sempre , adiante co Varal!! / Contacto Aberto de billarda>> 627.780891
SÁBADO 24>> ABERTO DA CACHIZA EN BUEU!!
E como hai que facer sitio para a cea do sábado , os bravos palanadores e palanadoras de Bueu non dubidaron un intre para executar o III Aberto da Cachiza . Para facerlle sitio ó Bacalhau nada mellor que pasala tarde zoscándolle á cachiza , comezamos ás 16 h, camiño do Beluso algún loureiro atoparedes Furancho e Apalpador Habemus...Deixadeo para o remate do Aberto!! >> Contacto: 658.491908
1 Comments:
At 7:54 PM, Anônimo said…
Otero dimisión!!!! "Outro deporte é posíbel" pero aquí ainda estamos peor que no fútbol corrupto.
Postar um comentário
<< Home