PONTEVEDRA 3D: BILLARDA EXPERIENCE...TOD@S Ó CULTURGAL!!
Dende iste próximo venres ate o domingo , o Pazo da Cultura de Pontevedra vai ser un auténtico fervedoiro de ideas , proxectos e accións que convertirán o que alí suceda nun moi clarificador escaparate do ritmo cardiaco da cultura actural galega. E o sábado 3 de decembro unha billarda ardendo percorreá todo o Pazo coma un perigoso lóstrego para electrificar o Salón de Presentación Editoriais donde se apresentará nunha explosiva Palestra Aberta o disco "República Billarda" coa que a tribo LNB invadirá o Pazo da Cultura amosando unha vez màis sen complexos a súa dimensión global que de seguro deixará pegada no subconsciente colectivo, de tod@s nós depende , polo que adiante!! .... primeiro tomaremos Pontevedra e logo viño-LNB da Faisca e uns chupiños de Oreta Xida!!
RADIO CABALINHO NO ABERTO DO CULTURGAL >> REPÚBLICA BILLARDA Dj-SET!!
Ás 16:30 apresentarase na Palestra Aberta o disco República Billarda mais non será o único estalo xa que xunto co estreo do explosivo Mapa das Conferencias LNB e a cata da primera edición de Viño-LNB das Adegas Faisca estanse ultimando aterradoras sorpresas que poden facer tremer o terrazo do Pazo da Cultura - E non queda ahí a cousa xa que ó finalizar o acto ás 17 h . no pavillón de deportes do CEP Xunqueira-2 ( anexo ó pazo ) celebrarase o Aberto do Culturgal puntuábel para a Conferencia Sur no que ás estrelas diste hemisferio se unirán palanadores e palanadoras chegados de todo o resto de conferencias xa que se están preparando dende todo o país caravanas de carros para asisir , desfrutar e intervir nista agardadísima acción do Billarda Experience. Un aberto pois moi especial pois no que Radio Cabalinho executará unha das súas delirantes sesións de locución e música combativa na que os sons do República Billarda se misturará co resto do universo sonoro actual galaiko e mundial. Mais non será o único berro seco o dos locutores de Radio Cabalinho xa que por primeira vez se realizarán a pé de pista niste Aberto do Culturgal os grupos ou células de conversa en Arxina ou vervo xido , un fito histórico co que convidamos a todos os palanadores e palanadoras a mergullarse , recuperar e utilizar activamente ista lingua galega de seu utilizada orixinariamente polos canteiros á que a LNB xa lle atorgou a cooficialidade nas pistas de billarda . É por elo que para o campión ou campioa do Aberto do Culturgal levará xunto cos productos Culturgal unha espectacular botella de Licor Café ORETA XIDA , marca dunha referencial Licoreiría galega asentada en Chantada que utiliza a língüa arxina coma marca da súa liña de productos....billarda experience, tod@s ó Culturga!!
2 Comments:
At 11:12 AM, Pinto. said…
O vinho do faísca mollará os nosos bigotes coma o suor molla as nosas frontes cando golpexamos con raiba o noso palán.
Adiante a autoxestion alimentar!
Hai unha equipa que vale un collón: F A Í S C A!
At 1:54 AM, Unknown said…
20151030 junda
Louis Vuitton Handbags Discount Off
ugg outlet store
louis vuitton outlet
Jordan 8 Bugs Bunny
Louis Vuitton Handbags Factory Store
Louboutin Red Bottoms Shoes Outlet
canada goose jackets
Authentic Louis Vuitton Handbags Cheap Online
coach factory outlet
Real Louis Vuitton Bags
coach outlet
Coach Outlet Store Online Shop
Christian Louis Vuitton Red Bottoms
cheap uggs
Michael Kors Outlet Sale Clearance
michael kors uk
coach factory outlet online
ugg boots
Michael Kors Outlet Handbags Factory Price
Authentic Louis Vuitton Belts Outlet Store
canada goose jackets
canada goose outlet
michael kors outlet online
cheap toms shoes
Mont Blanc Legend And Mountain Pen Discount
michael kors bags
coach outlet store online
ugg boots
canada goose outlet online
Abercrombie T-Shirts
Postar um comentário
<< Home