O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 25, 2011

O SORRISO INSUBORNÁBEL DE MARTINHO ALUMEA O EXPLOSIVO ARRINQUE DA CONFERENCIA BEZOUQUEIRA!!

Foi tan só un ano sen o comandante Martinho mais semellou unha eternidade sen o sorriso insubornábel do referencial gerrilheiro e padrinho dos Abertinhos Lóstrego que foi el a luz que nos alumeou para o mítico I Abertinho do festival da terra e da Lingua de Narón cuxa semente permanece perpétua en cada movimento da gran serpe multicor da LNB como se pode intuír no agaradísimo levantamento do lock-out na Bezouqueira, conferencia que acaba de habitar a inscripición para participar nista temporada e na que de seguro terá presente a figura de Martinho no gran Aberto de pretempada que se prepara para o 5 de decembro na festa anti-contitucional en Ferrol que terá un explosivo fin de festa no mítico Chimarrao- Mais iste sábado en territorio tamén da bezouqueira no Local da Fundaçom Artábria realizarase o acto de homenaxe ó comandante Martinho con leituras poéticas , música , xantar de irmandade , ofrenda floras e a proxección dun documetal sobre a súa persoa que moi pronto agardamos poder proxectar nun dos xa míticos terceiros tempos dos Abertos da LNB . E recorda que iste domingo se queres madrugar ou non deitarte na Conferencia Salnés en Bordóns tes unha moi boa alternativa a lavar a faciana resacosa na pileta da auga vendita acudindo á pista de Dorrón donde apartires das 11 h . dará comezo a acción dun novo Aberto puntuábel na ConSal - Contacto: 649.325103

COMPOSTELA....AVENIDAS E O ALENTO NAS NOSAS CALUGAS!!

Metras en Cospeito iste domingo se celebra unha nova edición da Feira do Porco da Ceba en Cospeito ós actuais mandatarios da corte municipal semellan ter contraido a Triquinose e ó impresntábel nomeamento dunha avenida homenaxeando a un ex-ministro franquista únense as declaracións do alcaide amiazando a todo ser humano que só polo andar se poida deducir que sexa galeg@-pensante , - que nadie se crea que la zona vieja de Santiago es la de San Sebastian , ni nunca lo será ou van a sentir nuestro aliento en la nuca adicado ó que el considera colectivos e centros sociais nos que se xunta xente perigosa son méritos máis ca suficientes para que iste alcaide e a súa corporación toda queden descalificados por doentes no espectacular concurso de porcos da ceba que o concello de Cospeito organiza e que ten entre os seus patrocinadores ós amigos do Bar O´Xugo , unha feira ista na dende logo haberá que seguir de preto en vindeiras edicións para tentar que cochos da ceba e billardas converxan e que mellor sitio ca Cospeito...porque na matanza tamén é importante coñecerse de antes!!