O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 01, 2011

GLORIA LAGO PON A ACTIVIDADE BILHARDEIRA NO CENTRO DA DIANA DE GALICIA BILINGÜE...BILHARDA SEMPRE, ADIANTE CO VARAL!!


Son moitos os palanadores e palanadoras da LNB que utilizan os paláns para matar coellos , un xeito de darlle varios usos a un instumental deportivo sinxelo e proletario que nengún xogador de futbol , basket ou incluso hockey doadamente pode facer. Son istas disciplinas deportivas as que a cabeza visible da plataforma galicia bilingüe utliza para comparar do noso desporto da bilharda , ó que acertademente acusa de activiade de enxeñería socio-deportiva para dotar a un país dunha AUTÉNTICA SELECCIÓN NACIONAL firme e icrevantábel coma o pau de toxo. Gloria dá un paso ó fronte e sitúa á LNB e toda a súa actividade deportiva e social no centro da súa cada vez máis murcha diana bilingüe , unha diana pola que ela suspira pero que nós gardamos para máis feros inimigos ca iste pobre diaño . Podedes rirvos un cacho mergullándovos no seu lamentábel post e sentirvos orgullos@s porque os ollos , as linguas e as alarmas cada vez que decidieres coller os paláns e as billardas xa están acesas ó outro lado da beirarúa..." La solución: la Selección Nacional de Bilharda. Por si no conocéis este deporte os diré que consiste en golpear con una rama otro palito más pequeño. No os riáis que es un deporte muy antiguo, el favorito de las asociaciones independentistas de Galicia, dicen que es de la época de Breogán y hasta tenemos una Selección Nacional cuya última victoria, la Copa Cantábrica, la ha logrado el domingo pasado en el partido internacional Asturies-Galiza. Próximamente se enfrentarán a la Selección de los Paisos Catalans. Incluso tenemos una ilustración que circula por ahí y que podríamos adoptar como logo. Os la he puesto en esta entrada, se trata de una recreación de la sirena que habitualmente aparece con el lema "denantes mortos que escravos" (antes muertos que esclavos) pero en esta ocasión aparece jugando a la bilharda (obsérvense ambos palitos, el grande y el pequeño) En fin, repito la frase de mi abuela: el diablo sea sordo. . PD. Se agradece cualquier aclaración-ampliación relativa a este deporte por parte de los comentaristas." - Soñouno Calvete o resto han contalo, a nave de buxo reventa a mañá, forza estornela, adiante co varal..povo qué esperas? ...adiante co varal!!