O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 18, 2011

BILLARDA 19:11 >> COMBATE 20N!!

Contra as reflexions imposíebis billarda a eito en tódolos frontes...arrinca a acción no Abertinho do Magosto iste venres en Remourelle ás 21 h , Contacto>> 605.316896 / e continúa na mañá do sábado cunha nova edición do xa mítico Txirikila Txapelketa en Pasaia donde comandos da LNB levarán as billarda sementar semente de victoria que brotará no parlamento dos leóns- Contacto: 635276663

E iste mesmo sábado polo serán en Bueu poderase ver en directo a representación ao vivo da obra de culto do cinema indepenedente billardeiro 19:11 ademáis de que o seu protagonista Manuel dos Paquete Pinchas asinará billardas e corpos a tod@s @s seus fans que preparan unha alfombra de molido e toxo para a súa entrada na pista. Bueu agarda ansioso unha representación mçáis da contundente proposta da Conf. Sur que se prepara ademáis para o vindeiro sábado 3 de decembro axercer de anfitrións no brutal BILLARDA EXPERIENCE de Pontevedra no espectacular marco do Culturgal donde se apresentará o disco República Billarda e se desputará un explosivo aberto que de seguro vai deixar ós culturgaletas contra as cordas- Contacto: 647.190789

_ABERTO DE FLORES!!

E coa figura do gran seleciconador nacional coma referente absoluta , a serpe multicor da Conferencia Mae prepárase para a celebración dunha nova edición do Aberto de Flores que en vista das malas previsións metereolóxicas a loita arrincará as 15:30 no Pavillón de San Miguel- Contacto>> 605.316896

AFTER>> ABERTINHO NA FOLIADA DE RIBADEO_

Un Aberto de Flores que terá a súa continuación ou refesta na celebración dun novo Abertinho Magosteiro no marco da Folidada que se celebrará entre o lusco e fusco no mercado de Abastos de Ribadeo no que as billardas invadirán coma as castañas as tixolas furadas o centro da vila ribadense ó carón da música e do lume....cunha banda sonora de excepción , ferriñas , castañas e billarda sempre- Contacto: 636.887545




_ DOMINGO SERÁN FRONTÓN DA CORUÑA NA NOROESTE!!

E para consumir ise alento que índa lle vai quedar á serpe multicor para o domingo da farsa eleitoral , despois de tomar forza co xantar a tribo do NorOeste invadirá o frontón da Coruña acadado mediante a fantástica xestión da Equipa Maghua que xa dominan os entresixos da competición coa mesma destreza que golpexan as pandeiretas. Pechamos a xornada cun novo estalo de alianza billardeiro-Euskaldún xa que do Aberto de Pasaia pasando polo apoio ós irmáns de Siroka na súa intervención o sábado no Liet Internacional de Udin finalizamos a xornada intercambiando posicións cos poderosos pelotaris galegos da cidade da Coruña- Contacto: 679.908773

2 Comments:

  • At 7:19 PM, Anonymous Anônimo said…

    Control da guardia civil a caravana da lnb q se desplaza a euskal herria

     
  • At 12:46 PM, Anonymous Anônimo said…

    Qué vergonza, Cristiam de Bateas, facendo espionaxe para coñecer ás técnicas de equipo do Faísca.

    patético. Bateas fora das conferencias!!.

     

Postar um comentário

<< Home