O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 03, 2011

O ÚNICO MAL QUE NON TEN CURA...É A BILLARDA E A LOUCURA!!!


Nantes foi unha enorme tixela ó lume donde os palanadores e palanadores da nova conferencia LNB-Salnés desfrutaron do seu bautismo de sangue acompañados nisa mañá de domingo histórica de grandes estrelas do universo billardeiro coma foi Luis Caminha ,o Kamatxo da billarda dos Almuinha , ou Toño dos Furabolos da conferencia estornela - Unha conferencia ista a centro que xa se mete en fariña e iste vindeiro sábado xa anuncia o desamarre da súa nave de buxo en Castrofeito polo que a enorme maquinaria da LNB unta as bielas co imparábel pingo da paixón. Xa nos chegaron dende varias publicación da prensa amarela ofertas multimillonarias pola aterradora imaxe de Luis Caminha en traxe desputando o Aberto arrincadeira da Conf. Sur , se ti a tes por favor gárdaa porque iso son palabras maiores- Pinto en Dorrón valefeiro para a conferencia sur e Xosé Rodiño en Nantes puntuábel para a ConSal foron os nomes propios da xornada xunto cun atrabiliario comentarista que retransmitíu o aberto da Sur para Radio Cabalinho , despois da súa actuación os responsábeis do Picaversos que iste martes bota andar no Modus Vivendi de Compostela están desexando contactar con el para un salvaxe recital poético ó mais puro beatnik . Sexa como for , en TodoLNB tendes as clasificacións actualizadas de todas as conferencias en marcha polo que como se pode ver a pedra do muiño xa está a pleno rendemento porque unha conferencia por si sóa non é nada mais, ....seis en marcha iso si que é muiñada!!!

2 Comments:

  • At 2:01 PM, Anonymous Anônimo said…

    Onde estám, non se vem, os comentarios no Varal!

    Censura feixista no Varal!!!

    Xermán Viluba, culpabel!

     
  • At 11:40 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que vergonhento espectáculo de censura mais próprio doutros sitios. Em fim. Si nom se pode informar do acontecido na conferência Sul do mundo bilhardeiro e que é de interese geral nesta páxina, onde o fazemos. Otero vai durmir!

     

Postar um comentário

<< Home