O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 05, 2011

MAGHUA LEVARÁ ISTE VENRES O REPÚBLICA BILLARDA Ó LUAR COA SÚA EXPLOSIVA ACCIÓN SONORA DE "GHOLPE DE BILLARDA EN SABARXÁNS"


Lourenzá amence infectada de cartaces co nome de Gardarríos anunciando o Aberto da Faba que inundará de billardas o Cantón o vindeiro domingo , Castrofeito tamén amence enfervorizado para recibir á serpe estornela moi preto da Casa dos Caracois do Pino donde se preparantamén para mergullarse nista revolucion imparábel e entre medias, Remourelle o sábado tamén ultima a súa festa do desporto ultra-autóctono . No Horizonte a tribo Liriu xa nos confirma que a Praza de Europa de Piedras Blancas se convertirá na a sede da mítica Copa Cantábrica, no corazón da vila asturana lirius e billardas buscarán a gloria sempre e cando o tempo o permita senón haber´ña que porse a cuberto no pavillón que tantas glotias lle dé á auténtica, e en Pasaia a confiormación da nova edición do Aberto Txirikila-Billarda xa puxo en guardia a destacados membros da Billarda-Diáspora entre que capitaneados polo vencedor do primeiro Aberto puntuábel na Sur xa estudan organizar un comando para achegarse ate terras da irmáns Euskal Herria apoiar a txirikila e Amaiur desafiando así a imposíbel xornada de reflexión-


E se iste á a vertixe do ritmo na beira Atlantico-Cantábrica que dicer da boráxine da nave de buxo no mediterraneo dos irmáns do Bélit, chega botar un ollo ó referencial TotBelit para facerse unha idea da dimensión do conflicto, e por se non fora pouco as billardas non só se van zinxir ás pistas senón que o inundan todo e o mellor exemplo é a brutal acción billardeiro-sonora que van realizar os irmáns de Maghua interpretando iste venres o seu tema de República Billarda no Luar da Galega , se fai unhas semanas viamos a Zenzar invadir o esceario agora os Maghua collen a billarda que deixaron os de Cerceda no esceario e chímpana cara ó infinito marcando territorio, e atención porque a Banda Sonora perpetua da LNB amiaza con colarse tamén no Galizia en Goles da Radio Galega con sintonía billardeira propria anunciando o espazo LNB nas fins de semana....é día de billarda no extrarradio na carballeira, é dia de billarda , na cidade na eira ou na palleira!!!