O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 06, 2011

"ISTO ACÁBASE, PERO A MIN NON ME COLLEN VIVO" ....A LNB HOMENAXÉA Ó GUERRILLEIRO "O GARDARRÍOS" NO GRAN ABERTO DA FABA DE LOURENZÁ!!

Horta de Lourenzá. Noite do vinte e catro ao vinte e cinco de xuño de 1948. As luces da vila están cortadas. Só a lúa permite ver as árbores en froito. A auga dun rego fura o silencio. Luís, O GARDARRÍOS, perante o cadáver da súa compañeira Engracia, abatida polas forzas franquistas. - / - Con istas aterradoras frases ilustra o gran dramaturgo de Ferreira do Valadouro, Isaac Ferreira , aquela terríbel noite do 23 de xullo do 1948 o pasamento cobarde e miserábel de Luis Trigo na súa referencial obra teatral "Cerco en Vilanova" . Luis e maila súa compañeira Engracia foron acurralados e "paseados" sen misericordia nun dos máis brutais e sanguentos linchamentos durante a dictadura franquista a un dos "fuxidos" galegos. A axitada e revolucionaria vida e obra de Luis é tamén o fío conductor dun espectacular documental a punto de estrea titulado " A vida dun rebelde " , realizado pola productora coruñesa Centroña , ista fita autobiográfica viai rescatar e por de novo en boca de todos as fazañas diste referancial guerrilleiro botado ó monte que pese ó seu pasamento na escuridade argallada en Lourenzá polas tropas feixistas deixou semente de victoria en moios galegos e e galegas que non están dispostos a chorar a súa morte senón a correr o seu trabuco e seguir o seu exemplo de suprevivencia e revolución. Fai un par de semanas a serpe multicor da LNB ( Liga Nacional de Billarda ) botaba a andar en Burela , pasando por San Xenxo , A Coruña , Marín , Castrofeito...iste domingo 9 de Outubro desenbarcará en Lourenzá , a moi poucos metros da horta donde os compañeiros Engracia e Luis Trigo foron acribillados , e como non podía ser doutro xeito, a LNB nen perdoa nen esquence polo que, o xa mítico Aberto da Faba que se desputará iste domingo no Cantón apartires das 16:30 h , estará presidida pola imaxe do Gardarríos guiando e dándo forza e alento a unha revolución billardeira que se espalla imparábel polos montes e leiras que antes pisaron Lois e Engracia. E coma premios para finalistas a LNB realizou uns garda-veas nos que conservar o lume que Lois e Engracia acenderon xunto cun espectacular pack de fabas para o campión ou campioa da exclusiva edición O'Gardarríos, as fabas dun rebelde - Gardarríos Sempre, adiante co Varal!!

FOTO-MATÓN BILLARDEIRO_


Coa fantástica nova do arrinque iste domindo de competición tamén na Conferencia NorOeste botamos un ollo ó web ofical da Conferncia Salnés amósanos unha desacougante foto con vida propia coa que tentar inmortalizar as artífices do primeiro Aberto nista conferencia que o pasado domingo botaba a andar, mais dende o hemisferio sur chega o aterrador Informe Txeroki unha olllada alebrestrada de ollo de rapiña de alguén que sabe que os abertos non rematan cando o non árbitro asubía o final do partido senón cando amence ó día seguinte..

O INFORME TXEROKI :

- Festa dos callos. Era a festa dos callos en Porriño , mais non só nas tapas senón tamén nas terrazas e nos locais polos que paseaban as tripas os palanadores da LNB buscando lavandeira para lavárnolas .

-Suceso no carro de Iolanda. Hai que mencionar que a Iolanda lle deron por detras. É xa coñecida coma a Ortega Cana da Billarda.

- No Sálvame deluxe da LNB comentase que Gil leva a mozas moi guapas as ceas co resto da xente da LNB para non darlle esperanzas ao colectivo homosexual galego, e que se o PP gaña as eleccións Gil ocuparía un cargo importante ás beiras de Feijoo.

-David Cadeas de Culombio foi increpado por un palanador aborixe para que a LNB poña árbitros serios. Fala de poñer un ollo de halcón, coma no tenis, pagado por el claro, para que non haxa ningunha dúbida se foi dentro ou fora.

- Sin alcohol dos Rodiños. O Xan Rodiño lle dixo a tía do bar que a LNB era un asunto deportivo e que non se bebía alcohol e que pillara cerveza sen alcohol. Resultado, antes do final da primeira ronda sen cervexas e un stock tremendo sen alcohol

- Autoxestión alimentar. Alguén Contounos onte que un día se levantou, abriu a neveira e beber un bo trago dunha botella de mexo. O peor foi que dixo que a metera el na neveira. Para o ultimo supervivente na xungla da LNB todo é posíbel para conseguir subsistir nas pistas de billarda nos parámetros da soberanía alimentar.

- Luis o perdedor dos Ancares. Deixou de estar 3 horas nunha boda por vir a xogar a billarda en traxe, eso si que é devoción e non os andaluces en semana santa nen a de Alfonso dándolle o si á duquesa da Alba

- Posdata: Mentras o campión do aberto tentaba ler a inscripción intelixíbel no trofeo sonou o último disco de Zimmer103 no aberto, unha puta merda que non hai por donde coller a menos que estexas cheo perdido.....info Txeroki, sempre!!

6 Comments:

  • At 11:51 PM, Anonymous Anônimo said…

    Festa dos callos hai sempre na Revolta, de terças a sábados, de 19:00 a peche.

    Hai bigotes para quen quede con fame.

    Quen lle deu por atrás a Iolanda? tomou precaucións? utilizou vaselina de uso industrial?

    Este Viana é un porcocho.

     
  • At 12:55 AM, Anonymous Anônimo said…

    Qué cabrón o Rodiño, con razón a señora decíanos se non preferíamos "Sen alcol" que o que lle encargara o pedido dixéralle que eramos grandes deportistas, e que non consumiamos bebidas etílicas.

    Menos mal que X.Miguel estivo rápido de mente, e reservou 4 caixas nada máis chegar, polo que os palanadores da Faísca tivemos Fuel-oil ou Jasolina durante todo o torneo, o que nos fixo triunfar ó final.

    A cabeza si paaaaaaara!

     
  • At 3:48 AM, Anonymous Anônimo said…

    Pintos, ta calao.
    Nom te mandamos suficientemente longe?

     
  • At 5:27 AM, Anonymous Anônimo said…

    Coidado coa ex de otero. Anda solta no Avante, en Compostela. Case lle fai un fillo hoxe a un ex-palanador de Bateas.

     
  • At 2:47 AM, Anonymous Anônimo said…

    putamierda!!

     
  • At 6:07 AM, Blogger 520abc said…

Postar um comentário

<< Home