O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 07, 2011

DENDE O VENRES ATE O DOMINGO 48 H DE BILLARDA NOM-STOP POLOS VALADOS DE TODO O PAÍS ADIANTE!!

Colle un moquelo de pan e un pouco de touciño entrefrebado para ista find poder resistir ista nova find de infarto que desafía a impresentábel nova lei do deporte que o actual governo galego prepara incluso para controlar a actividade non federada, ós altos executivos da banca o presidente e os seus lacaios permitan a brindaxe da súa saída con millóns de euros nos petos e ós deportistas galegos de seu leña nas costas , controis de seguros e antidoping nas pistas.... alerta palanador@s a loita continúa:

AXENDA DE VÉRTIXE DA LNB_

VENRES: MAGHUA intervirá no programa Luar da Galega apartires diso das 22 h. para apresentar o tema "Gholpe de Billarda en Sabaxáns"

SÁBADO:

-Conferencia Centro: Arrinca a competición regular no universo estornela e farao no Campo da Madalena de Castrofeito iste sábado apartires das 16 h.

-E niste mesmo territorio da Centro na Sala Moon de Compostela estarán apartires das 23 h. os Esquios apresentando o seu novo traballo acompañado do grupo da República Billarda Labazada.

-Remourelle Xogos Tradicionais: Dende as 12 h do sábado tamén a mítica e brava parrroquia de Ribadeo vai tinxirse de novo de vermello para unha vez máis acoller a palanador@s, cabalos e bolos nunha maxistral xornada con xantar Aberto servido pola referencial Taberna de Lola e Aberto de Billarda pola tarde de Billarda.

DOMINGO:

-Conferencia NorOeste: arrinca tamén a loita regular nista mítica conferencia LNB con epicentro na cidade da Coruña estreando ademáis emprazamento "A xornada inaugural será o Domingo día 9 de Outubro ás 16:00 nun lugar ata o de agora descoñecido pola serpe multicolor da LNB, o Castrillón!! exactamente quedaremos no bar "O Xeitoso", arriba da praza de Pablo Iglesias!" Toda info xunto co espectacular calendario no web oficial da NorOeste-

-Conferencia NorLeste: segundo asalto regular na conferencia mae da NorLeste, despois dun espectacular arrinque no peirao de Burela a serpe multicor da LNB ensina os dentes en terra firme e faino guiado polo espírito combativo e indomábel do Gardarríos - A cita pala loitar polo exclusivo pack de fabas autóctonas no Cantón de Lourenzá aparitres das 16:30....Gardarríaos Sempre, Adiante co Varal!!

PALÁNS OU BATES ....A NORMALIZACIÓN DO DEPORTE DA BILLARDA A DEBATE TAMÉN NAS BANCADAS DOS ESTADIOS!!

Xa sabes tamén que no Galizia en Goles das Radio Galega os sábados ás 23:50 e os domingos ás 22:50 h. terás cumprida info no espazo-LNB dos resultados que se sucedan ademàis claro está, de xunguirte ó facebook do Varal para seguir segundo a segundo os acontecementos , unha alianza co deporte das patadas que surxe da man do referencial web-blog O traveseiro donde non podemos mais que coller a luba que el nos brinda nun de novo fenomenal estalo sobre os entresixos paralelos á ise deporte do fútebol que amamos e odiamos nun mesmo nivel para reflexionar sobre as imaxes que se suceden nos estadios do mundo dos afeccionados portando bates de beisbol- Cremos necesario que os siareir@s galegos déan o paso ao fronte e cando vaian a un partido armados para defenderse ou atacar á afección rival o faigan con paláns de billarda , a LNB estaría encantada se aprovisionar ós siareir@s das equipas galegas de paláns para as pelexas nos estadios, cando iso aconteza a tan desexada normalización deportiva si estará totalemente consolidada.....traveseiro sempre, adiante co Varal!!

6 Comments:

  • At 11:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    48 horas é o que lle pide Iolanda a Viana, pero él di que 48....segundos e que xa é abondo.
    Que se comezamos ao mesmo tempo, qué culpa teño eu se ti non chegas?, sentenciou o palanador da LNBSUR.

    É un romántico!

     
  • At 12:34 AM, Anonymous Anônimo said…

    O grupo do Viluba nº 1 nos 40 principales

     
  • At 6:55 AM, Anonymous Anônimo said…

    Pintos. Jode-te na espanha profunda e deixa de ponher salvaxadas.
    Com 48 centésimas chega.

    E Dume, farlopero, deixa de dar pena

     
  • At 6:55 AM, Anonymous Anônimo said…

    Pintos. Jode-te na espanha profunda e deixa de ponher salvaxadas.
    Com 48 centésimas chega.

    E Dume, farlopero, deixa de dar pena

     
  • At 6:55 AM, Anonymous Anônimo said…

    Pintos. Jode-te na espanha profunda e deixa de ponher salvaxadas.
    Com 48 centésimas chega.

    E Dume, farlopero, deixa de dar pena

     
  • At 12:55 AM, Anonymous Anônimo said…

    Así é como Bateas prepara as xornadas: http://chevismo.com/h/65998

     

Postar um comentário

<< Home