VIÑO E MÚSICA ...AUTOXESTIÓN ALIMENTAR E SONORA NO CONTEXTO ACTUAL DE DEPRESIÓN, BILLARDA E CANIBALISMO!!
Fai uns meses durante un xantar de Irmandade na referencial Taberna de Lola de Remourelle por primeira vez na história consumiuse viño con embotellamento e etiquetaxe LNB, un grande paso que precedeu á fantástica nova cara ó imparábel mergullamento de toda a tribo na autoxestion alimentar que hoxe os irmáns da L.S Faisca xa nos confirman>> Nun paso máis cara a autoxestión e soberania alimentar,e debido ao noso alto consumo de viño do país, o L.S. Faísca organiza a súa primeira colleita de uva para a creación da noso propio viño, co que festexar os múltiples éxitos acadados na LNB, nesta tempada que xusto comeza. O viño para quen o traballa!! O enólogo autodidacta Rubén Otero é o encargado de ponderar os distintos tipos de uva para chegares á mezcla perfecta que faga que o noso padal chegue a cotas nunca antes imaxinadas.
TELÉFANO....EXTENSION AGRARIA PREPARA O EXPLOSIVO EUROPEAN TOUR COORDINADO POLO SEU CLUBE DE ANTI-FANS DO FACEBOOK!!
Viño das adegas LNB vendimado polos pes descalzos dos palanadores e palanadoras da Faisca é o que inxeríu ET , a mascota galaico-galáctica que acompañará tamén a Extensión Agraria no seu explosivo European Tour que se está xestando e ten ás principais cidades do continente en máxima alerta- Coa fantástica guindaxe do gran Ep 37" do combo billardeiro Desfeita no net- Label dos irmáns de Komunikando e a posta en marcha mediante o facebook do clube de anti-fans de Extension Agraria son centos os activistas que están xa desexando e activando plataformas para ver e mover istes grupos na europa e no mundo enteiro . Dende o zulo de Tropa Lixeira Producións e contraprogramando o ciclo de cinema 80´s de LaSexta3 , Nacho deixa fluir os seus máis baixos instintos de criançá rebelde e voltea a bibicleta que transportaba a ET cara a lúa para por no seu lugar o grupo de gasoil que impulsará a Extension Agraria no seu brual European Tour .... TE-LÉ-FA-NO!!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home