O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 23, 2011

LIPI-LAPE.....TERRA , A NOSA!!!


Tolo listo e preparado para en Marín realizar o agardadísmo Aberto San Migheleiro que porá fin á pretempada e situará na grella de saída os palanadores e palanadoras da combativa e referencial Conferencia Sur da LNB , a cita iste sábado apartires das 17 h . na barriada da Virxe do Carme e antes posibilidade de comapartir xantar vegano cos irmáns de Almuinha e do Grupo Cultural Ronsel , para contacto directo para toda a info sobre o xantar e o Aberto: 666.145209 / E recordade que podedes saber os resultados do Abertos e novidades do universo billardeiro no Espazo LNB de "Galizia en Goles" da Radio Galega das fins de semana : Sábados 23:50 h - Domingos 22:50 h-

O AMANECER DO MONO..LITO!!!

Foi unánime o impacto e admiración absoluta cara ós responsábeis do video oficial de presentación da competición da LNB - desperta do teu sono - , un video xa convertido e interirozado pola tribo LNB como un eslabón na cara dignificación diste noso desporto que está a ser estudado incluso polos responsábeis da Galega , a canle pública do país, donde como sabedes foi asaltada por un kamikace-billardeiro que resposta ó nome clave de Mohamed Moises ten coma reféns ó persoal do cifras e letras e que despois dun maxistral arrase no programa diste pasado venres amaiza non deixar o plató ate que se emita o video - desperta do teu sono- Un sono que rematou, e xa non van poucos fóra , foi o da mítico xornal A Nosa Terra que iste venres pechou tamén a edición dixital que era o último suspiro que lle quedaba depois da desaparición en papel. É por elo que iste nova e agardadísma edición dun estalo de dobraxe billardeiro coma fenomenal promo do primeiro Aberto puntuábel do sur torna máis neceario ca nunca, porque collemos folgos e avisamos a navegantes no gran batuxo LNB, porque lonxe de aminorar o paso ista tempada regular que arrinca a LNB vai inaugurar unha explosiva relación de alianzas con entidades afíns que vai facilitar xunto co lanzamento do disco República Billarda e moitas máis sorpresiñas , a conquista e colonización de novos e abraiantes espazos e horixontes de acción....Billarda sempre , Adiante co Varal!!!!