O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 09, 2011

O BRUTAL CHIMPO DA RÁ DE COSPEITO CATAPULTA Á BILLARDA CARA UNHA DIMENSIÓN DESCOÑECIDA ATE O DE AGORA!!

Cun dos mellores e mais persoais cartaces de cantos poboan o universo LNB a serpe multicor bótase á auga para capturar a súa natural presa naif da lagoa - En Cospeito vivierase pois unha xornada que vai deixar fonda pegada non subconsciente colectivo xa que ista vila situada estratexicamente na chaira ó carón da Mariña e de Lugo cidade vai facer que detrás do ambulatorio converxan tribus de toda a Conf. NorLeste nunha enganchada preparatoria para o gran arrinque o vindeiro 17 en Burela - Será pois apartires das 16 h cando as billarda comencen a a bruar e farao dun xeito verdadeiramente aterrador xa que en Cospeito se selará a alianza coa TENDA GALIZA que da un golpe na mesa de dimensións brutais para nun lóstrego pasar das verbas ós feitos como se exemplificará no Aberto da Rá confiando a confianza a morte no poder intrísseco da LNB coma valor comercial e de difución de marca. Iste sábado como anunciabamos no Ultima Hora en Larouco ( Ourense) terás posibilidade tamén de exercitarte no Aberto da Tortilla que polo serán se desputa no campo da festa da vila ( contacto: 988348002 ) e dende as 16 H en Cospeito toda a sepre multicor da LNB se lanzará á lagoa para cazar a fántática e xa mítica Rá de Cospeito , Contacto: 659749388

CATROFEITO, DOMINGO DE FOLIADA E ESTORNELA NA CONF. CENTRO!!

E coma o basket en lituania , a estornela na Galiza é un simbolo de resitencia e libertade que a tribo da conferencia centro exemplificará á perfección iste domingo na gran folidada-billardeira de Castrofeito donde ademáis se celebrará unha asemblea aberta que servirá para establecer parámentros na xestion dunha nova edición de liga regular da conferencia .... se madrugamos, traballamos , nos vestimos e agasallamos con productos da Tenda-Galiza seremos un país imparábel!!