O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 05, 2011

O ABERTINHO SUB-13 DOS COCOS PUXO A GUINDA FINAL A UNHA NOVA E ELECTRIZANTE FIND . BILLARDEIRA!!

Unha vez máis demostrouse que a forza implacñabel da LNB é tal que revertas das orixinarias pistas de xogo para introducirse no tecido social galego. Isa foi a máxima que impulsou a gran accion billardeira orientada ó espectro xuvenil no marcos das festas de Ribadeo en coordinación dcos irmáns da asoaciación irmá do Cadaval que reservaron espazo para a billarda á LNB para desenrolar iste primeiro e intenso Abertinho sub-13 dos Cocos

Foi pois o Abertinho dos Cocos o que puxon fin a unha gran find plagada de billarda , poesía e escalada ciclista no mítico Angliru de Astruies donde moitísimos palanadores e palanadoras da LNB se foron atopando nise brutal maremagnum de xente e pedaleos .


O sábado Santi de Culombios foi o campión no aberto do festival de poesía , donde se experimentou a xeito de billarda-lab en Salvaterra co sistema de golpexo dende o chan sen posibilidade de colocación unha vez iniciada a carreira- En Ribadeo no serán celebrou unha nova edición en Formato Aberto do desafíao BM-Os Outros contra o resto do mundo proclamandose campión Guille dos Outros - Na madrugada do sábado moitas expedicións da LNB metían os paláns na maleta e partían cara o Angliru en territorio Liriu para asistir á etapa raiña da -vuelta- Atención ós especiais billardeiros entorno á -vuelta-.

E co Abertinho sub-13 dos Cocos de Ribadeo coma guinda final comezamso a erguer a ollada cara as grandes citas da vindeira fonde...Cospeito e Castrofeito coma grandes pratos fortes

Sair á rúa , mergullarse na sociedade e aproveitar os actos paralelos para amosar a billarda a un público xeral son máximas que a LNB ten que seguir realizando en vista dos exitazo diste Abertinho sub-13 dos Cocos . A xestion impresionante a dos coordinadores LNB , encabezados pola palanadora dos Remourelle-Bulls Bea, que suberon xestionar iste gran enredo e que contaron ademáis coa presenza da gran estrela da Billarda Galega e ídolo local Daniel dos Billardeiros Musicais que foi que entregou o espectacular prato de polbo billardeiro ó campion do Abertinho sub-13 Cristian que unha vez demostra que non hai cartos que paguen a insurección artística dos membros da LNB .


Unha educación a páus é o que a LNB reivindica, sen dúbida .....a billarda con sangue entra, noraboa a todos os participantes nas accions dista find e de todo o verán , e adiante porque a sangue fervenos e xa non hai quen nos poida parar!!

2 Comments:

  • At 9:10 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que fai Daniel disfrazado de Asterix?

     
  • At 1:12 AM, Anonymous Anônimo said…

    Eu ainda diría mais, que fai Asterix disfrazado de Daniel?

     

Postar um comentário

<< Home