O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 24, 2011

A LNB UTILIZA AS BANCADAS DE ALCORCÓN PARA REALIZAR UNHA REUNIÓN DE ALTO NIVEL COA QUE ATOMIZAR ESTRATEXIAS!!


A LNB racha moldes e fronteiras, mentras Salgue o palanador dos Paquete Pincha vencía ó mesmísismo Coroceiro Nacional Iván Puente, no gran Aberto de Marín, nas mesmas gradas do estadio do Alcorcón durante o partido que desputaba a equipa española contra o Deportivo e fronte ó que caeu por 4 - 0 , no medio dos siareiros galaicos utilizando o parapeto de seguridade que iso supón produciuse a primeira reunión de alto nivel nunha cidade estranxeira entre coordinadores de varias conferencias para atomizar un brutal inicio de tempada que xa estamos comezando a desfrutar- E cunha xeralización de novas negativas no tocante ó universo mediático galego non podemos màis que celebrar por todo o alto o paso adiante realizado polos irmáns de Galiza-Livre que se preparan para afrontar a súa primeira edición en papel que invadirá centros sociais e pistas da LNB , de seguro que nas súas follas analizarán o documento lanzado pola EPPK e o que moi probabelmente toque analizar tamén é o incendirairo análise que o militante histórico do nacionalismo galego Bautista Álvarez realiza sob a actualidade na frente nacionalista , cando alguén utiliza as verbas -unto e cloro- na mesma frase merece sen dúbida toda a atención do mundo...mamá, teta!!