O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 11, 2011

A GALIZA VOLTA ARRASAR NA KONTXA FEMINIA MENTRAS A CONF. CENTRO ESTABLECE O SOVIÉTICO LOCK-OUT INVERNAL!!


A prensa irmá de Euskal Herria fala das excelencias das campioas outra vez da quizais máis importante competición da triañas de europa , é por elo que a LNB suma todos os seus paláns ós remos da seleccion da Galiza para felicitar agora e sempre á tripulación da Rianxeira que en Donostia unha vez máis deixou mostras do seu brutal ritmo de palada-

NO ABERTO DE CASTROFEITO ESTABLÉCENSE 8 XORNADAS NA CONFERENCIA CENTRO CON LOCKOUT INVERNAL PARA DECEMBRO E XANEIRO!!

De seguro que logo imos ter imaxes de triunfos compartidos ó igual que o equipo galego de traiñas en terras de Euskal Herria xa que a inmseción txirikila nista terras con Joseba e toda a tribo galaico -euskaldun de Pasaia é xa imprábel. E máis agora que todo o mecanismo billardeiro na galiza se engraxa para porse en marcha como aconteceu iste domingo en Castrofeito na Foliada-Aberto de bllarda no que Toño dos Furabolos marcou territorio vencendo niste torneo previo ó incio de tempada se perfilou xa con oito xornadas con lock-out invernal nos meses de decembro e xaneiro polo que imaxes tan fantásticas coma a foto de cabeceira van ser complicades de obter mais de seguro que palanadores e palanadoras disa conferencia ó igual cas estrelas da NBA buscarán equipas noutros continentes billardeiros para competir durante ise parón invernal ao máis pro estilo soviético..estornela e txirikila sempre, adiante co Varal!!