A FAISCA DÁ O PASO AO FRONTE PARA A XESTION DO "AUTÉNTICO" , O PRIMEIRO VIÑO GALEGO CON DENOMINACION DE ORIXE LNB!!
Algún ilus@ pode pensar que moitos dos estalos que estouran niste universo de calendarios deordeados é froito da loucura ou tolemia colectiva....nada máis lonxe da realidade , e para mostra, as aterradoras imaxes que acreditan a veracidade da primeira Vendima LNB levada a cabo polos panaladores galaico-nipóns da Faisca , asemade, confirman que o samuarai do palán Viana , non lavou os pes nen as mans dende a súa visita a Fukujima . A atención porque o soño vaise facer realidade xa que A Faisca move a maquinaria para sacar á luz a primeira edición limitada de Auténtico viño-LNB polo que xa podedes ir reservando sitio na vosa adegada para iste histórico brevaxe e non só iso xa que os restos como non podía ser menos aproveitaranse para unha exclusiva edición de agardentes LNB...
As imaxes dinno todo, a unico que hai que explicar e que eses homiños vestidos de branco que saen na foto detras de viana son polizóns que trouxo de Fukujima realizando a tradicional danza do viño. Adegas e viño LNB xa!!
E dende a Conferencia Bezouqueira donde xa moven fíos para o inicio de tempada, chéganos ista valiosa gúia para navegar en galego ...ó igual que dependendo dos dias e do humor elixes tinto, branco ou clarete....utilices o navegador que utilices podes trafegar en galego ó igual que se beberas viño en calquera furancho do país>> Moita xente galegofalante non sabe , que está a navegar en español e nel explícase como navegar en galego con Explorer, Firefox e Chrome...non afondes, navega en galego!!
7 Comments:
At 1:12 PM, Dume said…
Pero vendimar non é coller mazás?
At 2:25 PM, Anônimo said…
Agora xa entendo por que bateas decidiron crear a conferencia salnés
At 3:13 PM, Anônimo said…
Cando a xente beba este viño
acabaronse as victorias dos rodiño
At 5:10 PM, Anônimo said…
Os rodiño xa gañaran, dunha maneira ou doutra
At 5:20 PM, Anônimo said…
É certo que Bateas se desfixo polas diferencias entre Luis Bateas e o tandem Rodiño?
At 3:36 PM, Anônimo said…
Penso que e pola entrada dos novos membros,desertores dos bulls
At 2:53 PM, Anônimo said…
Menudo palán ten o compañeiro Viana!
Postar um comentário
<< Home