EU QUERO SER ....MONTEIR@!!
FOI COSPEITO E FOI REYES , A GRAN PALANADORA DOS OUTROS , OS ELEXIDOS POLA GLORIA PARA NO XA MÍTICO ABERTO DA RÁ INAUGURAR A IRRUPCIÓN BRUTAL NA LNB DAS MONTEIRAS GAITEIRO-BILLARDEIRAS PARA POTENCIAR AÍNDA MÁIS A MENSAXE VISUAL DE CADA CAMPIÓN OU CAMPIOA DOS ABERTO NAS DISTINTAS CONFERENCIAS- TENDA GALIZA ENVIONOS ISTE PODEROSO AGASALLO E NÓS DEVOLVÉMOSLLE ISTA IMPRESIOINANTE IMAXE...REYES MONTEIRA DE COSPEITO NA PISTA DA FEIRA DO MONTE!!
Durante a tarde diste sábado 10-S ate Cospeito foron chegando siareir@s que deron un colorido fantástico ó xa mítica Aberto da Rá que marca o inicio da irrupción das Monteiras Billardeiras patrocinadas pola Tenda Galiza que van invadir os abertos de todas as Conferencias da LNB para remarcar a figura de cada gañador ou gañadora dos Abertos reforzando aínda máis a mensaxe visual dista nosa imparábel proposta e o poder implacábel das accións billardeiras simultaneas-
Letras Chairegas e o espectacular peluche da ra da logoa de Cospeito doada pola Tenda Galiza foron os premios para Daniel dos BM que acadou o segundo posto niste asalto previo ó inico da tempada regular o vindeiro sábado en Burela na NorLeste.
E letras chairegas , artesanía e un espectacular exemplar grande de Peluche de Tenda Galiza foron os premios para Reyes , a palanadora dos Outros, a gran campioa do Aberto da Rá que acada o estatus mítico de primeira Monteira da LNB co título conseguido maxitralmente en Cospeito despois de dobregar a isa gran estrela do universo musical-billardeiro que responde ó nome Daniel Saavedra-
BAR O XUGO , A BASE DA XUGADA DAS FUTURAS PRESENTACIÓN DO DISCO REPÚBLICA BILLARDA!!
E como non podía ser doutro xeito ó carón da pistas de xogo estaba o Bar O Xugo que exerceu a función perfeita para acoller o sempre fantástico terceiro tempo billardeiro- Cervexas e parolada a eito entre os participantes no Aberto que abríu moitísimas vías de acción entre elas o de tomar O Bar O Xugo coma referencia absoluta de local no que acollerá a xa próxima brutal xeira de presentacións do disco República Billarda . Cervexa, música e abertinho de billarda serán a semente de victoria dista xira que vai rachar moldes , se coñeces ou queres que iso aconteza no teu bar , taska ou local polo que habitualmente pasas non dubides en porte en contacto: ovaral@hotmail.com
1 Comments:
At 3:44 AM, raybanoutlet001 said…
replica watches
nike trainers
nhl jerseys
pandora jewelry
nike air max 90
coach outlet
hugo boss suits
ugg boots
gucci shoes
saics running shoes
2017.8.23
Postar um comentário
<< Home