O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 04, 2011

DE MANZANEDA AO NEPAL ....ZOUPALLE Á BILLARDA PRACTICA NA AIRA!!

Non poidía ser doutro xeito , o retorno de Roberto aos Cuchufellos tiña que traer tanto lume aos escearios coma o que se amosa nista espectacular video-estalo da versión ao vivo no Festixeve do tema billardeiro dos de Manzaneda. Tomade nota da implicación absoluta e brutal coa que os Cuchufellos afrotan a militancia billardeira e do que vai ser a salvaxada de xira de presentación do disco República Billarda só comparábel ó chimpo dun animal salvaxe e famento sobre a súa presa de detrás das silveiras...

NEPAL ....NOVO PÁIS-ESTADO NO EIXO DO PALÁN!!

E non vai ser a República Billarda unha xeira cinxida unicamente á Galiza , a República Billarda xa asexa e prepara o batuxo para partir cara ó universo bélit cando chegue a hora , mais non só ise , o estado Liet de linguas minorizadas tamén é punta de lanza xunto co novo membro dos paises do eixo do Palán ....falamos de Nepal , impresinate o estalo co que os irmáns de Casus Bélit fan membro a iste gran país asiático diste exclusivo e poderoso clube e que potencia ademàis a posibilidade do gran festival internacional de cinema billardeiro- Sen verbas , baixando do Angliru , a serpe multicor toma ar para afrontar e analizar con alento as impresionates accións dista find que botou por fóra!!