O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 19, 2011

CAZANDO O PRESENTE, ESFOLANDO O FUTURO ..., ADIANTE CO VARAL!!

Imposíbel deter o lume que arde por debaixo da terra e prende nos pes dos palanadores e palanadoras que ista find absolutamento repleto de actividades, alumearon a chama no facho billardeiro da conferencia mae do Norleste en Burela e Remourelle, e que xa vai camiño de prnder no resto de conferencias que anuncian ós catro ventos o incio das hostilidades- Nun arrinque de semana con terroríficas novas coma a do peche definitivo do Xornal de Galicia na edición web, O cese de activade dos irmáns de Seioque e o punto e coma na carreira musical de The Homens , deixanos un panorama desolador e cínxenos de responsabilide para ser un dos referentes nun país , no que por intres , semella que se nos escorrega coma a area entre as dedas.

A espectacular crónica do gran suceso en Burela no arrinque de Conferencia o podedes conseguir con pelos e sinais no web oficial do NorLeste , e ademais durante toda a tempada poderedes seguir os resultados acontecidos en todas as conferencias da LNB no espazo da Radio Galega "Galizia en Goles" , os sábados apartires das 23:50 h. e os domingos ás 22:50 h -

Burela , espazo xa mìtico donde o boniteiro da LNB botou a andar , situou a Monteira de TendaGaliza no maìs alto do corpo do gran campión Guille dos Outros que gañou nunha gran final e cun varado na primeira carreia a Matrinho dos Bulls que conquestaban así á inesperada fuxida de Ginés e Andés da franquia de Remorelle ós Batea ó máis puro estilo do "nacín para xogar alí " . E o terceiro eslabón do podium foi ocupado por Xosé Rodiño , o dos Batea será convidade de luxo nisa e noutras confencia xa que ó igual que a súa equipa militarán e puntuarán cara Conxo na recén estreada Conferenca Salnés que xa nos apresentan o seu web oficial-

Mias non foi a única Monteira da TendaGaliza que se lucíu ista find, foi tan só unha horas de spis de Burela a serpe multior da LNB dirixiuse case sen durmir á Remourelle para desfrutar do Abertinho do Vermú, que se mutou nun espectacular Abertazo con tódolos condicionates que se esixen para ser tal, Xulio rachou pronósticos e lucíu explendoroso a Monteira de Campión dun Abertinho que deixou podesoso rastro de por donde van ir os tiros.


- déronlle aquí morcilla a Vidal? / - ¡¡aquí non!! - ¡ Pois adiante co Varal !
Non podemos maís que remitirnos a istes marabillosos versos de Rosalía de Castro cos que o gran palanador dos Bulls, Muriego , nos ilustrou nun fenomenal xantar na casa Lola , imparabel ademáis, xa que durante a celebración do Abertinho, El viejo Pescador, agasallounos cos espectaculares petiscos de bonito cos que se acompañar os grolos que acenderon a nosa implacábel chama de xustiza poética.

E non foron só palanadores nativos senón que ate Remourrelle se achegou un grupo de palanadores e palanadoras celtíberos da Tribu Estornija , e foi tal o impacto e a boa acollida por ambos pobos, o da billarda e da estornija que xa se iniciaron trámites para tentar no corazón da íberia sumerxida ( que dirian os heroes ) chantar unha billarda ardendo.
Se Martnho foi quen en Burela sitou na final o xenio dos Bulls para aplacar a fuxida dos dous palanadores Ginés e Andrés, no Abertinho do Vermú foi Bea , a palanadora focense dos Bulls quen fixo outro tanto reivindicando a figura dista gran franquia LNB sotuandose na final fronte a un emerxente Xulio dos Billardeiros Musicais que está a ser a gran sorpresa nista potentísma equipa Ribadense.

Con Extensión Agraria todo pode ser posíble, foi o bautismo sonoro para un histórico da formación como é Miguel que en Remourlle se incorporou oficialmente á nova e imprevisíbel xeira sonora dos Extensión som systema - Foi el que colleu dende o incio o boi polos cornos e quen exerceu de espectacular Dj para amenizar unha sesión vermú que botaba....

Dende a xa mítica actuación de Extensión Agraria en Baltar no Festival da Chaira, os músico-palanadores non voltaran a capar ningua cocha, foi en Remourelle donde a cuchilla de afeitar de novo raxou a pel do animal repasando repertorio e incorporando temas novos creados por palanadores que enviaron os seus temas , ti aínda podes ser quen dirixa os ouveos enviándoles unha letra>> ovaral@hotmail.com

Sen dúbida o grupo colle forma , e cunha impresonante sesión de contorsionismo de dedas durante a sesión de chupiños Miguel comezou a exercer do que é , un auténtico mago das cordas e lider absoluto dunha fomación disposta a todo para facer ouvir o berro e o laio dos palanadores e palanadoras en loita , foi aquí , niste sempre intenso intre cando Rodrigo de Tropa Lixeira deu o seu si quero a Extensión Agraria para ser a gorxa pola que flúa a mensaxe e xunto coa posibel incorporación de Carmiña para algún tema por voz a tanta enxebreza pura-


No serán ambientando o torneo de preparación para a Copa Cantábrica ó estilo Liriu donde o seleccionador nacional, Flores , tivo xa vendo as evolucions dos seleccionábeis, Rodrigo, xa se incorpou ó Combo mentras na Coruña no Parque de Santa Margarita ultimaban o calendario de competición para a Conf. NorOeste e cinxían tamén o día e emprazamento do Billarda All Star que ista edición volta ao orixe coordiando pola noroeste e no que é moi posíbel que os Extensión Agraria esteñan inaugurando a súa primeira saía fóra da conferencia NorLeste arrincando así a súa xira Escumoso Bieiteiro Tour que os levará por tódalas conferencvia da LNB . Atención pois porque todo xa está en marcha e moi atentos porque moi pronto o esquíu da Bezouqueira comezará a chimpar para anuciar que a beda se abríu tamén na Conferencia Billa, cazando o presente , esfolando o futuro billarda sempre, adiante co Varal!!

10 Comments:

  • At 8:53 PM, Anonymous Anônimo said…

    Gines e Andres son dos Bateas?o q lles faltaba

     
  • At 9:49 PM, Anonymous Anônimo said…

    Bateas ...con istas fichaxes agora máis ca nunca, soan a fin de ciclo!!!

     
  • At 12:09 AM, Anonymous Anônimo said…

    O fin de ciclo dos bateas comezou o dia q se formaron como equipo

     
  • At 1:25 AM, Anonymous Anônimo said…

    Nom deberiam os de bateas decidir agora a comezo da tempada em que conferencia puntuar para as finais, xa que é como se un equipo de fútbol se apunta na liga inglesa, escocesa, francesa e italiana a vez. Nalgunha se clasificará para a Champions.

     
  • At 1:26 AM, Anonymous Anônimo said…

    Por favor, que alguen explique a gran incógnita da LNB. ¿Que facía a xente de Bateas antes de coñecer a billarda?

     
  • At 2:59 PM, Anonymous Anônimo said…

    bateas clasificarase pola nova conferencia salnes

     
  • At 4:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    Rodiñato no Salnés.

    Soa a tongo, a pucherazo, a manipulaçom da LNB.

    Rodiño, sen a bilharda non eres ninquien! Ninquien!

     
  • At 4:28 PM, Anonymous Anônimo said…

    como de necesaria e a conferencia do salnes?

     
  • At 7:25 PM, Anonymous Anônimo said…

    O suficiente para que Bateas se clasifique sen problemas.jajajaja.

     
  • At 2:18 PM, Anonymous Anônimo said…

    Bateas antes non existían. Foron creados por Viluba nun laboratorio clandestino. Creounos para fodervos a vida.

     

Postar um comentário

<< Home